0

Búsqueda de Editorial : LAIOVENTO S.L. / Colección : COLECCION XERAL 410 resultados

  • O PORTÂO VERDE -5%
    O PORTÂO VERDE
    LOURENÇO ÁLVAREZ
    Há portões que não se abrem: revelam.No rumor da infância, entre ecos de medo e fulgores de assombro, o narrador descobre que a autoridade pode ser sombra, que a amizade é um fio frágil e que o desejo —ainda inocente— acende labirintos que não se esquecem.Nas ruas húmidas da Galiza dos sessenta e setenta, a escola, a fé e a família erguem um mundo de silêncios, onde cada gesto...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • O GALEGO, LÍNGUA NACIONAL...OU LINGUA AUTONÓMICA? -5%
    O GALEGO, LÍNGUA NACIONAL...OU LINGUA AUTONÓMICA?
    FRANCESCO TRAFICANTE PELÁEZ
    É a Galiza uma nação? E a Espanha? É uma nação ou um estado? Por que a língua galega está a sofrer uma perda acelerada de falantes? Poderá a Galiza sobreviver como nação com um galego usado marginalmente na sociedade? Está o nacionalismo galego a possibilitar de forma involuntária esta situação? É o galego escrito na norma RAG a ferramenta adequada para normalizar o galego? Po...
    En stock

    28,80 €27,36 €

  • MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL -5%
    MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL
    CARLOS F. VELASCO SOUTO
    Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história comtemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada á construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • CANDO CHEGOU A NOITE -5%
    CANDO CHEGOU A NOITE
    ANTÓN SEOANE
    Confrontados co irremediábel dunha morte anunciada, e alén da resignación pasiva, hoxe existen numerosos exemplos de que hai outras maneiras de transitar o último alento desde a lucidez e dignidade, sen dar entrada á dor degradante nin á lenta agonía.A protagonista do relato quixo, por riba de todo, ser coherente con percepción de finitude que habitaba corpo e mente. Asomada a ...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • QUERIDA MORTE RACHADA -5%
    QUERIDA MORTE RACHADA
    LATIFE TEKIN
    Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Aktas, arrancada da súa aldea e empurrada ao arrabales de Estambul, avanza entre sombras e revelacións mentres Dirmit - a filla máis nova- transforma o...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS -5%
    DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
    AFONSO BECERRA DE BECERREÁ
    Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: docum...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • UN DEMOCRÁTA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA -5%
    UN DEMOCRÁTA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA
    FRANCISCO XABIER REDONDO ABAL
    Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista,militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións ...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • A CHUVIA SOBRE O MAR -5%
    A CHUVIA SOBRE O MAR
    LUÍS CAPARRÓS ESPERANTE
    Na remota aldea costeira de Carnoelle, unha Galiza atávica e brumosa, o tempo parece terse detido entre os muros do pazo familiar do Casal. Alí, baixo a mirada escéptica e decadente do tío Nicolás -un ancián que vive de recordos e alcohol-, buscan refuxio Amaro Mariño e o seu amante, Luscinda. Foxen dun pasado traumático na cidade e perseguen o espellismo dunha vida suspendida,...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • NATUREZA E VULNERABILIDADE -5%
    NATUREZA E VULNERABILIDADE
    ALEXANDRE CENDÓN GONZÁLEZ
    Que é a natureza? Existe a natureza? A natureza é unha construción cultural ou social? Existe algo independentemente de nós ao que nos poidamos referir así, nesta época do Antropoceno? Por outra banda, podemos danar a natureza? Ese dano é algo consubstancial a ela ou é un feito histórico? A todas estas preguntas trata de responder este libro, dende a filosofía e apoiándose nou...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS -5%
    CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS
    BIEITO ALONSO
    Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos do...
    En stock

    21,95 €20,85 €

  • AS COUSAS POLO NOME -5%
    AS COUSAS POLO NOME
    REBEKKA SALM
    "Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena non quere. Aínda así, o tío pillaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelo para ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Por iso, esta é a historia". Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e, apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un manto d...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • EMPATÍAS -5%
    EMPATÍAS
    FERNANDO DACOSTA
    " No mundo debería haber máis empatía"Escoitamos esta frase en diversos lugares e un distintas circunstancias.É posible que unha idea coma esta motivase a escrita deste libro.Estes relatos tratan temas presentes no día a día da nosa sociedade: o ascenso da ultradereita, as migracións, a homofobia, a relixión, o ecoloxismo fronte o capitalismo despiadado, a educación, a violenci...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • RUTH MATILDA ANDERSON -5%
    RUTH MATILDA ANDERSON
    ALBA RODRÍGUEZ SAAVEDRA
    Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893- Nova York, 1983), conservadora de Hispanie Society of America, ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malía ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Albra Rodríguez Saavedra, desde...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA -5%
    CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
    HEÍTOR PICALLO FONTES
    Coido que acerta de cheo Heítor Picallo ao titular Cartografía ideolóxica o seu retrato -se cadra cubista, ousaría decir eu- do feito humán e a odisea existencial de Xosé Lois García. Porque tanto a personalidade canto a obra e a traxectoria vital do Xosé Lois, versáteis e pluridiemensionais, exprésanse e desenvólvese a traveso de moi diversas e variadas "xeografías", mais semp...
    En stock

    29,95 €28,45 €

  • AS GUERRAS -5%
    AS GUERRAS
    JOSÉ CARLOS BERMEJO BARRERA
    A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucidides, foi reivindicada pola historiografia occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun " modelo occidental" da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE.UU., seguen defendendo este modelo.Este libro analiza como se "racionaliza" a guerr...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA -5%
    FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA
    ESPERANZA L. MARIÑO DAVILA
    A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referente imprescindible no contexto cultural e político galego dos séculos XX e XXI, destaca por unha excepcional cultura humanística de raíz afrancesada. O presente ensaio aspira a ofrecer unha visión integral dunha parte da próspera faceta literaria, desde os primeiro...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO <<ALTRI NON>> -5%
    O QUE ESTOU A DICIR CANDO DIGO <>
    XOSÉ DE CEA
    Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escollera o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca do Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efec...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • GOLPISTAS E REPRESORES -5%
    GOLPISTAS E REPRESORES
    LUÍS LAMELA
    En Galiza, os crimes dos falanxistas seguen sendo unha das grandes eivas na recuperación da memoria histórica. Non foron vítimas, senón verdugos que executaron a represión e construíron o Estado franquista. Aínda que se foi recuperando a dignidade das vítimas, a memoria dos represores segue no silencio. A posguerra estivo marcada pola miseria, o estraperlo e a corrupción, ment...
    En stock

    29,95 €28,45 €

  • LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN -5%
    LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN
    NACHO TAIBO
    "Levitación, nivel iniciación" é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde ...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • ARREDOR DE CASTELAO NO SÉCULO XXI -5%
    ARREDOR DE CASTELAO NO SÉCULO XXI
    Mª PILAR GARCÍA NEGRO
    Castelao compuxo o mellor painel de coñecemento histórico, social, artístico, legado polo contemporaneidade. Sen a súa achega, a representación da Galiza estaría moito máis fragmentada e oculta. Representa, a súa obra artístico-literario e o seu pensamento e actividade política, un auténtico antídoto contra o minifundismo, porque nos significou e nos universalizou a través de ...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • LÚAS DO ORZÁN -5%
    LÚAS DO ORZÁN
    XESÚS PISÓN
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana,...
    En stock

    23,95 €22,75 €

  • CARTAS DESDE A CADEA -5%
    CARTAS DESDE A CADEA
    ROSA LUXEMBURG
    Rosa Luxemburg (1871-1919), destacada figura do marxismo e do antimilitarismo, escribiu durante o seu encarceramento entre 1916 e 1918 unha serie de cartas á súa amiga Sonja Liebknecht, esposa de Karl Liebknecht, cofundador da Liga Espartaquista. Estas cartas, traducidas ao galego, revelan unha faceta máis íntima da autora, onde o teórico se entrelaza co persoal. A través delas...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • O RAPOSO RENARTE E O LOBO GRISENGRÍN -5%
    O RAPOSO RENARTE E O LOBO GRISENGRÍN
    ROMAN DE RENART
    O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Renart) é unha fascinante colección de aventuras dos séculos XII e XIII que satiriza, cunha agudeza sen igual, a sociedade feudal a través dun mundo animal vibrante e complexo. Orixinariamente escritas en lingua romance, céntranse na figura astuta do raposo Renarte. A pesar das variacións de enfoque, estilo e contido, cada relato c...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • COLOSO DE MARUSI -5%
    COLOSO DE MARUSI
    HENRY MILLER
    O Coloso de Marousi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións ( de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces e todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha p...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • LIBERDADE PARA O GALEGO -5%
    LIBERDADE PARA O GALEGO
    MARCOS MACEIRA EIRAS, ELSA QUINTAS ALBORÉS
    Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén.É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións o...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • UN RUÍDO PROVOCADOR(R) -5%
    UN RUÍDO PROVOCADOR(R)
    MONTSE PENA PRESAS / MERCEDES QUEIXAS ZAS (COORDS.)
    Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de Luísa Villalta. Todas buscan provocar un ruído: facer pensar arredor da poeta, da narradora, da ensaísta, da dramaturga, da profesora, en definitiva, da muller que Villalta foi. Estas páxinas abalan entre a lembranza, o estudo rigoroso, a contextualización da súa produción, a reivindicación dos seus compromi...
    En stock

    16,95 €16,10 €

  • DESOBEDIENCIA CIVIL -5%
    DESOBEDIENCIA CIVIL
    HENRIQUE DEL BOSQUE ZAPATA
    As grandes promesas da modernidade non se cumpriron. A promesa da igualdade fica nunha ficción perante as enormes fendas entre ricos e pobres. A promesa de liberdade tampouco supera os límites das declaracións formais. E outra promesa, a da dominación da natureza, estamos a conducir a un desastre ecolóxico planetario cuxos efectos xa están a padecer os individuos e os territor...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • A LOITA DOS PERDEDORES -5%
    A LOITA DOS PERDEDORES
    LUÍS LAMELA
    Nas páxinas deste libro, plenas de pegadas, de vestixios e de rostros, trazouse o obxectivo de enfocar e talvez interpretar, certos acontecementos históricos. Todo iso co fin de contribuír á creación dunha imaxe máis humana da loita guerrilleira antifranquista, unha imaxe tamén máis equilibrada. Buscábase reflectir algúns datos histórico-biográficos dos personaxes máis releva...
    En stock

    24,95 €23,70 €

  • CUMES TORBOENTOS -5%
    CUMES TORBOENTOS
    EMILY BRONTË
    "Wuthering Heights" ou "Cumes Torboentos", na nosa tradución, é una das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë. a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdad tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a ...
    En stock

    23,95 €22,75 €

  • RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO -5%
    RECOMPONDO UN PAÍS MAGOADO
    MANUEL CABADA CASTRO
    O lector atopará neste libro un feixe de relatos, propostas, reflexións, denuncias, etc..., todo el concentrado na reivindicación da Galiza, da súa dignidade, da súa historia esvaecida, da súa propia lingua,da súa liberdade, etc. Son debido a isto, diversos os estilos ou modos de acceder ós contidos temáticos que nel se desenvolven, mais hai sempre un núcleo interno que lles dá...
    En stock

    19,95 €18,95 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09 10