Condicións de Compra de material
1. Listas de prezos
Todos os prezos expostos na lista dos nosos produtos son con impostos. No Resumo final de compra móstrase o prezo definitivo da mesma, indicando tamén os datos de envío.
En relación ao Imposto sobre o Valor Engadido, como regra xeral aplicarase o tipo impositivo do 4% no caso dos libros e do 21% no casos restantes.
Os prezos expostos en www.voandolibre.gal poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento.
Produtos en Oferta
Todos os produtos que Voandolibre.gal promocione a un prezo especial mostraranse na web coa seguinte información: prezo de oferta, prezo habitual, porcentaxe de desconto e data de finalización da oferta ou promoción. Estas ofertas estarán dispoñíbeis até a data indicada, salvo fin de existencias; nese caso o produto desaparecerá automaticamente da web.
2. Sistemas de pago
a) Contra reembolso.
b) Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD.
a) Contra reembolso. Pagará en efectivo ao axente de mensaxería cando reciba o pedido. A nosa empresa loxística é HALCOURIER e xestiona o servizo contra reembolso. A empresa de transporte aplicará un recargo do 2,25% sobre o valor de facturación, cun mínimo de 1,50€ e un máximo de 122,22€ (I.V.E. non incluído). O pago deste importe realizarase ao transportista á vez que o pago do pedido. Ao seleccionar a modalidade de pago contra reembolso asúmese a aceptación desta condición do servizo. Esta porcentaxe non a xestiona CONSORCIO EDITORIAL GALEGO S.A., é un cargo exclusivo de HALCOURIER.
b) Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD. Garantímoslle que cada unha das transaccións realizadas en Voandolibre.gal é 100% segura. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse utilizando unha contorna segura. Voandolibre.gal utiliza un servidor baseado na tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Socked Layer). Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede.
Así mesmo os datos, sobre a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos, senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venda do Banco).
Ademais, informámoslle que, nun esforzo por proporcionar maior seguridade aos propietarios de tarxetas de crédito, incorporamos na nosa pasarela de pagos o sistema de pago seguro denominado CES (Comercio Electrónico Seguro). Desta forma, se é titular dunha tarxeta “securizada” sempre poderá efectuar pagos con tarxeta VISA ou MASTERCARD na nosa tenda.
No caso de que a súa tarxeta non estea adherida a este sistema de pago, Voandolibre.gal só admitirá o pago con tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD a clientes con antigüidade e fiabilidade demostradas anteriormente.
En ambos os casos, ao pagar con tarxeta VISA ou MASTERCARD solicitaránselle sempre os seguintes datos: o número de tarxeta, a data de caducidade, e un Código de Validación que coincide coas 3 últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da súa tarxeta VISA ou MASTERCARD, ofrecendo, desta forma, máis garantías acerca da seguridade da transacción.
Que é CES (Comercio Electrónico Seguro)?
CES é un sistema para asegurar as transaccións na Internet promovido por Visa Internacional, Mastercard, Microsoft e Netscape, entre outros. O fin principal é dar maior seguridade tanto ao usuario da Internet como aos comercios que venden a través da Rede, ao autentificar ao comprador como lexítimo titular da tarxeta que está utilizando.
Na práctica, ao pagar cunha tarxeta VISA ou MASTERCARD “securizada”, solicitaráselle, ademais do número e data de caducidade, unha clave persoal de uso exclusivo para compras pola Internet que lle identifica, de xeito inequívoco, como o seu propietario. Desta forma, ninguén poderá facer unha compra na Internet se descoñece esta clave. Poderá distinguir se está activado o protocolo de Comercio Electrónico Seguro polos logos de VISA “Verified by VISA” e de Mastercard “Mastercard Secure Code”.
Se aínda non recibiu unha clave persoal de uso exclusivo para pagos na Internet, aconsellámoslle que solicite á súa entidade financeira adherir ás súas tarxetas ao servizo de Comercio Electrónico Seguro. Para iso pode porse en contacto co seu banco ou se é cliente de banca electrónica poderá pedilo online directamente. A continuación mostrámoslle uns links onde poderá comprobar se o seu banco está ou non afiliado a Verified By Visa ou Mastercard Secure Code:
Europa America Latina e Caribe
Asia Pacific
USA
A fraude con tarxeta de crédito é un delito, e CONSORCIO EDITORIAL estabelecerá acción xudicial contra todo aquel que realice unha transacción fraudulenta na nosa tenda on-line.
3. Formas de envío e prazos de entrega
CONSORCIO EDITORIAL garante a entrega do pedido á empresa de Transporte, ao día seguinte da realización do mesmo, de todos aqueles pedidos que se formalicen antes das 15:00 horas (hora española), sempre que se atopen en stock, e salvo que se realicen en sábados, domingos e festivos. Nese caso, o pedido tramitarase o primeiro día laborábel posterior ao día de realización do mesmo. Ademais, terase en conta que os prazos se computan en días laborábeis e que poden verse alterados por festas locais ou nacionais. E recorde, se a forma de pago elixida é transferencia bancaria, non se realizará o envío do pedido até que non teñamos confirmación bancaria da transferencia. A entrega final do pedido realizarase un prazo máximo de 10 días.
CONSORCIO EDITORIAL resérvase o dereito de variar o tipo de envío e a compañía pola cal se efectúa este, independentemente do exposto nestas páxinas, e sempre que non supoña un prexuízo manifesto para o cliente.
Nos prezos indicados para os gastos de envío non se inclúen os posibles gastos adicionais por aduanas e impostos, que en todo caso serán pagados en destino polo receptor da mercadoría.
Atención. Consorcio Editorial resérvase o dereito a modificar os prazos de entrega sen previo aviso no caso de pedidos de grandes dimensións.
4. Garantía
Os clientes de CONSORCIO EDITORIAL benefícianse da garantía dada por Consorcio Editorial.
Os defectos ou danos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou os desgastes producidos por un uso anormal do mesmo, non se inclúen nesta garantía.
5. Devolucións e cambios de material
O noso Departamento de Atención á Clientela dispón dun servizo postvenda para solucionar calquera problema cos nosos artigos ou envíos, a través do cal intentamos ofrecer unha atención rápida e eficaz á nosa clientela. Contacte con nós aquí.
Se por calquera motivo, unha vez recibido o produto, este non é da súa satisfacción, ten un prazo de 12 días naturais, a contar desde a data de entrega do pedido realizado, para devolvelo (Segundo art. 44 da Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio polo Miúdo, modificada pola Lei 47/2002, de 19 de decembro).
Ten que facernos chegar o produto en perfectas condicións, sen usar, e na súa embalaxe orixinal, incluíndo garantías, etiquetas e instrucións de uso. O envío da devolución ata o noso almacén corre a cargo da clientela, agás que o artigo estea defectuoso ou haxa algún erro no envío pola nosa parte. Nestes últimos casos, voandolibre.gal asumirá o custo da devolución.
É moi importante que nos devolva o/os produto(s) perfectamente embalados. No caso de que os produtos resulten danados, debido a unha embalaxe inadecuada, a devolución non será admitida.
Para realizar a devolución dun produto debe cubrir este documento e envialo, xunto co produto solicitado, indicando motivo da devolución para unha boa xestión no noso almacén.
Unha vez recibida a mercadoría nos nosos almacéns e comprobadas que se dean todas as condicións anteriores, Consorcio Editorial Galego, S.A. admitirá a devolución do produto e procederá ao reintegro do seu importe e/ou, no seu caso, ao envío do novo produto.
Se realizou o pagamento contra reembolso, solicitarémoslle un número de conta onde ingresar o importe aboado. Recibirá o reintegro do importe nun prazo máximo de 20 días a partir da recepción no noso almacén do produto de cambio ou devolución. Teña en conta que é probable que o seu banco non lle comunique por carta este ingreso na súa conta até o mes seguinte.
6. Protección de datos de carácter persoal
En cumprimento do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que cantos datos persoais nos facilite serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de Consorcio Editorial Galego S.A.
A finalidade deste ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e, no caso de que nos autorice expresamente na casa correspondente, tamén a enviarlle comunicacións comerciais sobre produtos e servizos que poden resultar do seu interese.
Os clientes de Consorcio Editorial Galego S.A. poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por correo electrónico a oficina@coegal.com ou por escrito a Consorcio Editorial Galego Avenida da estación, nº 25 36812 Redondela.
Para máis información consultar o apartado Aviso Legal.
7. Lexislación e xurisdición
Os presentes Termos legais réxense pola Lei española. Na medida en que así o permita a lei, as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, acordan someterse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais onde recae a razón social da empresa.
Enderezo Fiscal:
Consorcio Editorial Galego S.A.
Avda. da Estación 25 36812 REDONDELA (Galiza), España
Telef.: 986 405 051
Email: administracion@coegal.com