0
LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN
-5%

LEVITACIÓN, NIVEL INICIACIÓN

NACHO TAIBO

14,95 €
14,20 €
IVE incluído
No disponible
Editorial:
LAIOVENTO S.L.
Ano de edición:
2025
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-8487-717-2
Páxinas:
99
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COLECCION XERAL
Idioma:
Galego
14,95 €
14,20 €
IVE incluído
No disponible
Engadir a favoritos

"Levitación, nivel iniciación" é a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galiza. Descobre que alí levita. Para el será a Terra da Felicidade.
No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, onde algúns veneran a Alemaña triunfante, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos, sobrevoando as abismais diferenzas culturais que o xaponés enfronta con valorosa vontade.
No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler. Malia o sentido poético da vida que o oriental desprega, Cholo chega a ser un dos protagonistas desta historia, contra a súa vontade –supoñemos– e a nosa. Mentres o xentil diplomático segue levitando en segredo, en ningún outro lugar que en Galiza.
Despois, a barafunda da Guerra Mundial arredaraos, levando o Ákira moi lonxe, perdido no turbillón tumultuoso da Historia. Sen remisión, aparentemente, pois a loura Isaura e o diplomático seguen camiños moi diverxentes.
Á volta do novo século, superando a distancia no espazo, o sentimento renacerá baixo a forma dunha fiel, honesta e sosegada amizade que non se detén ante océanos nin continentes.

Artículos relacionados

  • RDC -5%
    RDC
    ELI RÍOS
    A Terra está a piques de colapsar polas temperaturas extremas e a contaminación. Isto obriga a Suriña, e a súa nai, a emigrar ao planeta RdC para mellorar as súas condicións de vida.Chegar alí non é fácil, pero o verdadeiro reto está en adaptarse ás normas sociais das persoas que a rodean. Será quen de facer novas amigas? E de afacerse ao novo instituto?Amor, intriga e moita e...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • MERODEO -5%
    MERODEO
    TOMÁS SÁNCHEZ SANTIAGO
    «Merodeo constituye un verdadero diario íntimo del autor zamorano, en el que se sigue dibujando la estela de obras suyas anteriores. Los epígrafes hacen alusión a la capacidad de observar y de escarbar en la trastienda de lo mínimo, de hurgar en los repliegues de la memoria y del tiempo; a la habilidad para hacer entrar con sigilo al lector en los talleres de los que practican...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • ONDE O VENTO ME LEVE -5%
    ONDE O VENTO ME LEVE
    X.H.RIVADULLA CORCÓN
    Un home que afirma que non cre no homo sapiens, pero si cre no mar e na poesía, decide facer unha viaxe solitaria, percorrendo os mares todos e desembarcando só en illas. Unha viaxe que será longa, como di Kavafis que hai que pedir que sexan todas as viaxes. Non importa o destino, só importa a propia viaxe. E levará como compañeiros aos escritores que escribiron libros que lle ...
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • A FILLA DO REITOR -5%
    A FILLA DO REITOR
    F.M.MAYOR
    Aos seus trinta e moitos anos, Mary Jocelyn, a discreta e solícita filla do reitor de Dedmayne, leva unha vida rutineira consagrada ao coidado dos demais —a irmá doente, o pai ancián, a parroquia— coa que está aparentemente conforme. Mais a chegada á zona doutro clérigo, o reverendo Robert Herbert, remove nela décadas enteiras de emocións contidas. ...
    En stock

    18,75 €17,81 €

  • RESERVA NATURAL -5%
    RESERVA NATURAL
    ÁLEX MENE
    Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas encaixen xa será demasiado tarde. Quizais na Re...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • RI -5%
    RI
    ANXO MUÍÑOS
    En Rí, os destinos conxúntanse. Os diarios de Fanes intercálanse coas vidas das outras persoas. O moinante irlandés, sobriño de Sanders, parte cara á Antártida erroneamente, na procura de Xina. Porén, ela foi raptada e está na Polinesia. Con todo, a viaxe del ao sur non foi en balde, pois atopou á comunidade haush e ao avó do Mudo. ...
    En stock

    18,95 €18,00 €

Outros libros do autor