- Editorial:
- AIRA EDITORIAL
- Ano de edición:
- 2019
- Materia
- Gastronomia
- ISBN:
- 978-84-949007-0-9
- Páxinas:
- 592
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- GASTRONOMIA
- Idioma:
- Galego
DICIONARIO DA COMIDA GALEGA
Do abadexo á zorza
Rodríguez Baixeras, Xavier
PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO ÁLVARO CUNQUEIRO 2019.
Do abadexo á zorza. Un magnífico traballo de documentación, catalogación e sistematización a cargo de Xavier Rodríguez Baixeras, un dos autores máis prestixiosos da literatura galega actual. Coeditamos este libro xunto ao selo Engaiolarte, especializado en libros para regalo e obras de referencia.
A comida é parte fundamental de calquera cfultura. Define como vivimos e como entendemos o mundo.
A gastronomía é piar do noso saber colectivo e grazas a este libro, por primeira vez na historia, podemos aprehendelo dunha maneira ordenada, erudita e brillante.
Este dicionario enciclopédico é un percorrido apaixonante pola vida que se esconde detrás de cada alimento, de cada prato, de cada receita. Xavier Rodríguez Baixeras explica o vínculo de cada alimento coa nosa cultura a través da pegada que foi deixando na historia e na literatura.
Miles de voces, máis de cen referencias bibliográficas, ducias de receitas. Un libro que ole e sabe. Un libro que abre a fiestra aos sentidos e nos permite coñecer mellor de que estamos mantidos.