0
A ESPERA DE GODOT
-5%

A ESPERA DE GODOT

SAMUEL BECKETT

11,00 €
10,45 €
IVE incluído
Agotado
Editorial:
LAIOVENTO S.L.
Materia
Teatro
ISBN:
978-84-8487-020-3
Páxinas:
137
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COLECCION XERAL
Idioma:
Galego
11,00 €
10,45 €
IVE incluído
Agotado
Engadir a favoritos

Escrita en 1948 e representada en 1953, Á espera de Godot, figura como un dos textos máis representativos ?e representados? do chamado Teatro do Absurdo, termo xenérico utilizado por Martin Esslin para clasificar a obra de determinados dramaturgos, fundamentalmente franceses (Ionesco e Beckett, malia non ter nacido en Franza escriben o seu teatro na lingua deste país) que se dan a coñecer na década de 1950.

O argumento da obra é moi simple. Nun lugar afastado, dous vagabundos, Estragon e Vladimir, dialogan ?é dicir, intercambian monólogos? mentres esperan inutilmente a un tal Godot, a quen nunca viron, do que nada saben, pero de quen depende, ao parecer, o seu futuro inmediato... Mais Godot non chega, nin chegará nunca, e a espera resultará inútil, estéril, absurda...

Martin Esslin conta como no ano 1957 ?un grupo de actores se preparaban para saír a escena. Eran os membros da Academia de Actores de San Francisco. O público diante do que ían actuar estaba formado por 1400 reclusos da penitenciaría de San Quintín. (...) A obra escollida, principalmente por non figurar mulleres no reparto era Á espera de Gogot, de Samuel Beckett. (...) Subiu o pano e comezou a función. E aquelo que tanto desconcertara os sofisticados auditorios de París, London ou New York, foi asimilado axiña polos reclusos. (...)

Un dos mestres da prisión comentou: ?eles saben o que significa esperar... sabían que se ao final aparecese Godot, sería un engano?. (...).?

Sen necesidade de apelar a grandes discursos teóricos ou filosóficos, Samuel Beckett soubo retratar maxistralmente a esencia da condición humana: esperar inutilmente, intercambiando absurdos monólogos egocéntricos ata ese día en que se extingue a luz e cae o pano de xeito definitivo.

Traducción do francés: Francisco Pillado Mayor.

Artículos relacionados

  • DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS -5%
    DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS
    AFONSO BECERRA DE BECERREÁ
    Do reino (e) dos amores proscritos. Unha viaxe á Idade Media máis colorida é unha dramaturxia que evoca e invoca as orixes da cultura galega e de Galiza. Desde os primeiros asentamentos humanos no noroeste da Península Ibérica, pasando pola lenda dos celtas, pola romanización e recuncando no Reino de Galiza. Unha proposta lúdica, na que o texto xoga con varios rexistros: docum...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • FÁBRICA DE FUME -5%
    FÁBRICA DE FUME
    ANA FONTENLA / CELINA FERNÁNDEZ PONTE
    Este libro é un dispositivo que recolle a dramaturxia da Fábrica de Fume xunto co universo escenico que se desprega ao seu redor, dende a ollada comunitaria que impulsa a posta en escena e o proxecto. Un libro que fala do proceso. Conta co resultado, con fin, coa dramaturxia desbravada. Unha ollada que vai mais aló.Achegarnos máis preto a materia que conforma a experiencia de s...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • O FARO -5%
    O FARO
    CARLOS LABRAÑA
    “La desbandᔠfoi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas “nacionais” a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Ma...
    En stock

    9,00 €8,55 €

  • AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN -5%
    AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN
    CHÉVERE
    Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que ...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • TEXTOS DRAMÁTICOS NO -5%
    TEXTOS DRAMÁTICOS NO "PARLADOIRO"
    RAMÓN OTERO PEDRAYO
    Neste volume a autora recolle cincuenta e catro pequenos textos dramáticos publicados por Ramón Otero Pedrayo na sección " Parladoiro" do xornal compostelán La noche entre 1946 e 1949, completando, desta maneira, a nómina da producción teatral do autor ourensán. Entre eles figuran cinco que levan por título " Teatro de máscaras" e que non foran recollidos por Aurora Marco en Te...
    En stock

    21,00 €19,95 €

  • A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO -5%
    A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO
    ÓSCAR WILDE
    De entre os escritores ingleses do século XIX, Óscar Wilde é, sen dúbida, un dos máis populares. E de todas as súas comedias a máis celebrada e a máis representada é, tamén sen dúbida, A importancia de chamarse Ernesto. Esta obra tiña en principio catro actos, pero un famoso actor que ía facer un dos papeis principais pediu a Wilde que a fixera algo más breve, cousa á que ...
    En stock

    17,90 €17,01 €