
- Editorial:
- BAIA EDICIONS S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- Materia
- Teatro
- ISBN:
- 978-84-9995-465-3
- Páxinas:
- 43
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- BARRIGA VERDE
- Idioma:
- Galego
O FARO
CARLOS LABRAÑA
La desbandá foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas nacionais a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Mar, onde empezan os bombardeos desde os buques nacionais e a aviación alemá. Neste contexto, Anselmo Vilar, o fareiro de Torre del Mar, nado en Castro de Rei (Lugo), xogou, figuradamente, unha terrible partida de xadrez.
Cando hai que fuxir do horror refuxiándose na escuridade da noite, a luz dun faro, prendida para protexer vidas, pode facer o contrario: sinalar a posición dos inocentes.
O dilema entre o deber de obediencia e o deber moral enfróntanse sobre o taboleiro, pero unha das partes xoga cunha peza de máis. Será a obriga cega, o frío concepto do deber, ou será a honra, a responsabilidade... a humanidade?
O mellor e o peor da condición humana atópanse descritos con toda a súa crudeza nesta impresionante peza teatral.