0
BAIXO O BOSQUE DE LEITE (UNHA PEZA PARA VOCES)
-5%

BAIXO O BOSQUE DE LEITE (UNHA PEZA PARA VOCES)

DYLAN THOMAS

14,90 €
14,16 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Ano de edición:
2024
Materia
Teatro
ISBN:
978-84-10324-42-8
Páxinas:
110
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
TRADUCION
Idioma:
Galego
14,90 €
14,16 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Baixo o bosque de leite é a derradeira obra de Dylan Thomas, e se cadra a máis famosa. A descrición cunha linguaxe exuberante dunha vila costeira de gales, con momentos ás veces solemnes, outros de comedia aloucada e sempre cunha ollada amable sobre os habitantes, vivos e mortos, de Llareggub, contén elementos universais onde todos nos podemos recoñecer.
Baixo o bosque de leite é unha obra que xa viña anunciada ao longo da súa carreira literaria. A primeira referencia que temos a Llareggub atopámola no relato The Orchards, despois o relato de Quite early One Morning é o punto de partida do que chegará a ser Baixo o bosque de leite. En realidade, quen coñeza os poemas e a prosa de Thomas vai percibir trazas deles nesta peza porque toda a experiencia poética do autor está presente nesta obra.
Finalmente, aínda que é unha peza para voces, e a radio sexa o seu medio ideal, o seu éxito foi inmediato e foi adaptada rápidamente para o escenario, para o cine, onde hai moitas versións pero destaca quizais a de Andrew Sinclair, e mesmo para a ópera. Todas renden tributo ao xenio galés.

Artículos relacionados

  • O FARO -5%
    O FARO
    CARLOS LABRAÑA
    “La desbandᔠfoi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas “nacionais” a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Ma...
    En stock

    9,00 €8,55 €

  • AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN -5%
    AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN
    CHÉVERE
    Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que ...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • TEXTOS DRAMÁTICOS NO -5%
    TEXTOS DRAMÁTICOS NO "PARLADOIRO"
    RAMÓN OTERO PEDRAYO
    Neste volume a autora recolle cincuenta e catro pequenos textos dramáticos publicados por Ramón Otero Pedrayo na sección " Parladoiro" do xornal compostelán La noche entre 1946 e 1949, completando, desta maneira, a nómina da producción teatral do autor ourensán. Entre eles figuran cinco que levan por título " Teatro de máscaras" e que non foran recollidos por Aurora Marco en Te...
    En stock

    21,00 €19,95 €

  • A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO -5%
    A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO
    ÓSCAR WILDE
    De entre os escritores ingleses do século XIX, Óscar Wilde é, sen dúbida, un dos máis populares. E de todas as súas comedias a máis celebrada e a máis representada é, tamén sen dúbida, A importancia de chamarse Ernesto. Esta obra tiña en principio catro actos, pero un famoso actor que ía facer un dos papeis principais pediu a Wilde que a fixera algo más breve, cousa á que ...
    En stock

    17,90 €17,01 €

  • MEDO ME DÁ! -5%
    MEDO ME DÁ!
    RAMÓN D. VEIGA
    Os monstros tamén teñen os seus medos; non todo vai ser temerlles a eles. O vampiro teme ao dentista, ao home lobo non lle gusta cortar o cabelo, a momia ten medo de envellecer...Pero esta noite celébrase o Samaín e, se queren gozar da festa, terán que superar eses medos. O que aínda non saben é que a sorpresa que os espera vai ser difícil de esquecer. Ramón D. Veiga obtivo ...
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • NAS NUBES -5%
    NAS NUBES
    JOSÉ LUIS BAÑOS DE COS
    José Luis Baños de Cos con Nas Nubes, propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos de era "predixitgal", cunha ambientación musical e estética inspirada na cultura xaponesa. ...
    En stock

    9,00 €8,55 €