0
AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN
-5%

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN

CHÉVERE

13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
KALANDRAKA
Ano de edición:
2025
Materia
Teatro
ISBN:
978-84-1343-384-4
Páxinas:
72
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BIBLIOTECA DE TEATRO
Idioma:
Galego
13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025.
As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva. 
Este novo título da colección Biblioteca de Teatro é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un importante repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e do canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que o grupo Chévere realizou unha escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

Artículos relacionados

  • A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO -5%
    A IMPORTANCIA DE CHAMARSE ERNESTO
    ÓSCAR WILDE
    De entre os escritores ingleses do século XIX, Óscar Wilde é, sen dúbida, un dos máis populares. E de todas as súas comedias a máis celebrada e a máis representada é, tamén sen dúbida, A importancia de chamarse Ernesto. Esta obra tiña en principio catro actos, pero un famoso actor que ía facer un dos papeis principais pediu a Wilde que a fixera algo más breve, cousa á que ...
    En stock

    17,90 €17,01 €

  • BAIXO O BOSQUE DE LEITE (UNHA PEZA PARA VOCES) -5%
    BAIXO O BOSQUE DE LEITE (UNHA PEZA PARA VOCES)
    DYLAN THOMAS
    Baixo o bosque de leite é a derradeira obra de Dylan Thomas, e se cadra a máis famosa. A descrición cunha linguaxe exuberante dunha vila costeira de gales, con momentos ás veces solemnes, outros de comedia aloucada e sempre cunha ollada amable sobre os habitantes, vivos e mortos, de Llareggub, contén elementos universais onde todos nos podemos recoñecer.Baixo o bosque de leite ...
    En stock

    14,90 €14,16 €

  • TERRA BAIXA -5%
    TERRA BAIXA
    ÁNGEL GUIMERÀ
    "Traducir ao galego un clásico estreado en 1896, como Terra Baixa de Ángel Guimerá, presentou múltiples desafíos. Nn considero necesario un prólogo erudito sobre a peza ou a vida do autor, pois abunda estudos sobre el. No entanto, quero compartir a miña experiencia no proceso de tradución. Esta obra, un drama reaista con resonancias do romanticismo e un aquel de traxedia, posúe...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • LÚAS DO ORZÁN -5%
    LÚAS DO ORZÁN
    XESÚS PISÓN
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega. A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana,...
    En stock

    23,95 €22,75 €

  • O MERCADOR DE VENECIA -5%
    O MERCADOR DE VENECIA
    WILLIAM SHAKESPEARE
    O mercador de Venecia é unha das obras máis atractivas e populares de Shakespeare. O seu título é enganoso. Antonio, mercador veneciano, pide a Shylock, prestamista xudeu, tres mil ducados para que o seu amigo Basanio, nobre veneciano empobrecido, poida ir con grande ostentación e boato competir pola man e a fortuna da fermosa Porcia. Shylock accede coa condición de que se aos ...
    En stock

    13,95 €13,25 €

  • MEDO ME DÁ! -5%
    MEDO ME DÁ!
    RAMÓN D. VEIGA
    Os monstros tamén teñen os seus medos; non todo vai ser temerlles a eles. O vampiro teme ao dentista, ao home lobo non lle gusta cortar o cabelo, a momia ten medo de envellecer...Pero esta noite celébrase o Samaín e, se queren gozar da festa, terán que superar eses medos. O que aínda non saben é que a sorpresa que os espera vai ser difícil de esquecer. Ramón D. Veiga obtivo ...
    En stock

    14,00 €13,30 €

Outros libros do autor

  • EROSKI PARAÍSO -5%
    EROSKI PARAÍSO
    CHÉVERE
    “Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa. Unha maneira coma calquera outra para retratar o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, ...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • CITIZEN -5%
    CITIZEN
    CHEVERE
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • RIO BRAVO -5%
    RIO BRAVO
    CHEVERE
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • ANNUS HORRIBILIS E OUTROS MUSICAIS -5%
    ANNUS HORRIBILIS E OUTROS MUSICAIS
    CHEVERE
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • EROSKI PARAISO -5%
    EROSKI PARAISO
    CHEVERE
    Agotado

    13,00 €12,35 €