0
TLALPOTEC
-5%

TLALPOTEC

Fábulas,mitos e cosmogonías

GABRIEL CELESTER BARREIRO

17,90 €
17,01 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Ano de edición:
2023
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-19438-60-7
Páxinas:
184
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
NARRATIVA
Idioma:
Galego
17,90 €
17,01 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

“Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-la demencia de vivir.
Diso vai boa parte deste libro, de crear mundos e ata as divindades que mangoneen eses mundos. Fraccionado en tres partes, cabe dicir que a división en lendas, parábolas ou calquera outro apartado literario, é sempre artificiosa. Os lindes da fábula cos mitos, coma os de tantas leiras da nosa terra, son tan imprecisos que a nada que un mova o marco dunha teogonía cae no romance ou na epopea con suma facilidade.
Na primeira parte (Fábulas) procurei conserva-lo aire clásico do xénero rebaixando coellos, asnos e raposos a condición humana con fines pedagóxicos. Na segunda (Mitos), sen perder de todo ese propósito didáctico, compracinme en deforma-los modelos estereotipados por pura diversión. A terceira (Cosmogonías) foi un desafogo, unha vinganza contra os sanguinarios deuses aztecas, os lumes da Santa Inquisición e, sobre todo, para instar aos deuses a deixarnos un pouquichiño en paz, que xa abonda de tantas pragas, políticos e demais calamidades"

Artículos relacionados

  • O PORTÂO VERDE -5%
    O PORTÂO VERDE
    LOURENÇO ÁLVAREZ
    Há portões que não se abrem: revelam.No rumor da infância, entre ecos de medo e fulgores de assombro, o narrador descobre que a autoridade pode ser sombra, que a amizade é um fio frágil e que o desejo —ainda inocente— acende labirintos que não se esquecem.Nas ruas húmidas da Galiza dos sessenta e setenta, a escola, a fé e a família erguem um mundo de silêncios, onde cada gesto...
    En stock

    14,95 €14,20 €

  • O RULETISTA -5%
    O RULETISTA
    MIRCEA CÂRTÂRESCU
    Mircea Cartarescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceau?escu.As ilustracións de Ramón Trigo converten o universo...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • GAÑARÁS UN MAR EN CALMA ( A VENDA O 17/06/26) -5%
    GAÑARÁS UN MAR EN CALMA ( A VENDA O 17/06/26)
    MIQUEL MARTÍN SERRA
    Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. ...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • O LIBRO DOS ANATEMAS -5%
    O LIBRO DOS ANATEMAS
    VAL EUDOXIA
    O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreira...
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • OS FABULADORES -5%
    OS FABULADORES
    JOSÉ IGNACIO CARNERO
    En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...
    En stock

    19,90 €18,91 €

  • SUSEIA -5%
    SUSEIA
    FRANCISCO NARLA
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra.Fran...
    En stock

    23,90 €22,71 €

Outros libros do autor

  • CHARAMELAS II -5%
    CHARAMELAS II
    GABRIEL CELESTER BARREIRO
    Gústame pensar que o relixioso inventa o mundo, o filósofo o interpreta e o físico o explica. Isto axúdame a desconfiar dos físicos crentes, os relixiosos que admiten a teoría da relatividade e os filósofos que teñen por certo existencias divinas a par có evolucionismo.Pero non son estas concepcións tan restrinxidas e dispares como parece. Existe unha cuarta dimensión na que os...
    En stock

    17,90 €17,01 €