0
CHARAMELAS II
-5%

CHARAMELAS II

A Ética dos Alicates

GABRIEL CELESTER BARREIRO

17,90 €
17,01 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Ano de edición:
2024
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-10324-21-3
Páxinas:
290
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
NARRATIVA
Idioma:
Galego
17,90 €
17,01 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Gústame pensar que o relixioso inventa o mundo, o filósofo o interpreta e o físico o explica. Isto axúdame a desconfiar dos físicos crentes, os relixiosos que admiten a teoría da relatividade e os filósofos que teñen por certo existencias divinas a par có evolucionismo.
Pero non son estas concepcións tan restrinxidas e dispares como parece. Existe unha cuarta dimensión na que os mundos inventados, interpretados e reais non son irreconciliables. Esa dimensión chámase literatura. De momento os humanos non soubemos crear nada mellor para contrarresta-la estupidez da prensa rosa, a manipulación da prensa en xeral e a crispación fomentada por políticos mediocres para perpetuarse no poder. Ademais de amosarnos a falsidade destes mundos, a literatura apréndenos a soñar outros posibles. A isto chámaselle utopía, que é filla da rebeldía e nai da liberdade.
Lea. A estupidez e a manipulación espántanse lendo moito. Isto que ten vostede na man conta como libro. Comece por aquí, se lle parece. Ben supoñerá que nas súas páxinas non aprenderá a gañar fama nin diñeiro, pero se hai sorte, se xorde a maxia, ao voltea-la última folla talvez perciba vostede que a lectura lle deixou un saboriño agredoce. Se así fose significaría que algunha charamela atinou na diana precisa”.

Artículos relacionados

  • O RULETISTA -5%
    O RULETISTA
    MIRCEA CÂRTÂRESCU
    Mircea Cartarescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceau?escu.As ilustracións de Ramón Trigo converten o universo...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • GAÑARÁS UN MAR EN CALMA ( A VENDA O 17/06/26) -5%
    GAÑARÁS UN MAR EN CALMA ( A VENDA O 17/06/26)
    MIQUEL MARTÍN SERRA
    Na casa de Gona, a narradora desta novela, corre unha lenda familiar: Que o bisavó Espiridió recibiu este exótico nome por unha promesa do seu pai tras ser rescatado dun naufraxio nunha illa grega. Cando lle entrega á súa filla esta historia, coma un legado, á súa filla Amália, Gona entende que ten que investigar que hai de verdade nese eco do seu pasado. ...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • O LIBRO DOS ANATEMAS (A VENDA O 17/06/26) -5%
    O LIBRO DOS ANATEMAS (A VENDA O 17/06/26)
    VAL EUDOXIA
    O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen.«O libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreira...
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • OS FABULADORES -5%
    OS FABULADORES
    JOSÉ IGNACIO CARNERO
    En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose en...
    En stock

    19,90 €18,91 €

  • SUSEIA -5%
    SUSEIA
    FRANCISCO NARLA
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra.Fran...
    En stock

    23,90 €22,71 €

  • TOCA. EL ORO DE LA GALLAECIA -5%
    TOCA. EL ORO DE LA GALLAECIA
    SONIA MARIA GARCIA GARCIA
    Año 30 d.C. Un campamento romano, al mando del prefecto Marco Pompeyo Lépido, lleva tiempo establecido en el noroeste de Hispania con la misión de excavar una mina de oro en sus montañas. El prefecto encontrará el amor de Toca, hija del jefe galaico Bustelo y la buena sintonía entre los dos hombres mantendrá una precaria paz entre sus pueblos.Pero otra misión de espera al roman...
    En stock

    23,00 €21,85 €

Outros libros do autor

  • TLALPOTEC -5%
    TLALPOTEC
    GABRIEL CELESTER BARREIRO
    “Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-l...
    En stock

    17,90 €17,01 €