- Editorial:
- UNIVERSIDADE DE VIGO
- Ano de edición:
- 2022
- Materia
- Manuais ,libros tecnicos
- ISBN:
- 978-84-8158-923-8
- Páxinas:
- 231
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- MANUAIS: SERIE DE MANUAIS DIDACTICOS
- Idioma:
- Galego
SISTEMAS FLUIDOMECÁNICOS NO TRANSPORTE
Prácticas de simulacións numéricas
PAZ PENÍN, MARÍA CONCEPCIÓN / SUÁREZ PORTO, EDUARDO / VENCE FERNÁNDEZ, JESÚS / CABARCOS REY, ADRIÁN
A tecnoloxía CFD, sigla de Computational Fluid Dynamics, en galego Dinámica de Fluídos Computacional, é unha técnica de análise numérica que permite determinar o comportamento dos fluídos mediante a realización de experimentos virtuais no ordenador. Esta técnica conta con varias décadas de desenvolvemento científico de respaldo, converténdose a día de hoxe nun dos estándares de análise para numerosos sectores industriais. É por iso que as simulacións numéricas son empregadas actualmente como eficaces ferramentas de diagnóstico nas etapas de deseño, mellora e optimización de produtos e procesos de fabricación en industrias como a naval, a automobilística, a aeroespacial, a hidráulica, as enerxías renovables, a enxeñería biomédica ou a construción. Co fin de achegar o emprego desta técnica ao alumnado do grado de Enxeñería Mecánica, este manual foi creado para servir de apoio á docencia da materia Sistemas fluidomecánicos e materiais avanzados para o transporte, enfocándose na aplicación práctica de simulacións numéricas en casos reais da enxeñería nos que se atopan involucrados fluxos de fluídos. Esta colección de exercicios prácticos pretende servir de axuda na etapa formativa do alumnado, facilitándolle a información necesaria e a metodoloxía que deberá empregar para levar a cabo o estudo de diferentes casos, e favorecendo así unha comprensión intuitiva dos problemas propostos mediante a análise dos resultados obtidos nas simulacións numéricas. Por tratarse dun dos programas de CFD máis empregados na industria, o software utilizado nas actividades deste manual é ANSYS Fluent 2020. Así tamén, as actividades propostas neste manual foron deseñadas para poder ser levadas a cabo contando cunhas esixencias computacionais accesibles para o alumnado, o cal poderá realizar nun tempo axeitado os exercicios aquí recollidos.