0
MANUAL PRACTICO DE GALEGO 3ªED
-5%

MANUAL PRACTICO DE GALEGO 3ªED

RAMON X.BELTRAN CARBALLEIRA

31,70 €
30,12 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
BAIA EDICIONS S.L.
Ano de edición:
2019
Materia
Manuais ,libros tecnicos
ISBN:
978-84-9995-325-0
Páxinas:
432
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
MANUAIS DE LINGUA
Idioma:
Galego
31,70 €
30,12 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Nova edición corrixida. 2019

O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego.

O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, para os cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, como repaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos de lingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xa fan do galego o seu medio vehicular de comunicación.

O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla proposta de exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coa intención de axilizar a comprobación da exactitude das respostas dadas.

Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, trata tamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que o noso idioma sexa un vehículo lingüístico máis accesíbel e máis empregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual.

Artículos relacionados

  • A INTELIXENCIA ARTIFICIAL XERATIVA NA PRÁCTICA ACADÉMICA -5%
    A INTELIXENCIA ARTIFICIAL XERATIVA NA PRÁCTICA ACADÉMICA
    MANUEL CAEIRO RODRÍGUEZ(EDITOR)
    Este libro ofrece ao profesorado unha guía clara, rigorosa e eminentemente práctica para comprender e integrar a intelixencia artificial xerativa (IAX) na súa actividade docente. Nun contexto no que esta tecnoloxía xa forma parte do ecosistema académico, pois a IAX non é unha moda pasaxeira nin unha simple ferramenta de automatización, senón un cambio profundo e persistente, e...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • ANALISE E CÁLCULO NUMÉRICO -5%
    ANALISE E CÁLCULO NUMÉRICO
    JOSÉ ÁNGEL CID / MANUEL PÁJARO
    Este manual recolle aspectos teóricos e prácticos relativos aos contidos básicos da Análise Matemática e do Cálculo Numérico que se abordan nos primeiros cursos da maioría de enxeñarías. Cabe resaltar, que en todos os capítulos se presentan numerosos exemplos convenientemente explicados, así como, unha sección de exercicios resoltos. Alén disto, a parte máis teórica vai acompa...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • GAMIFICACIÓN EDUCATIVA E APRENDIZAXE BASADO EN XOGO NA EDUCACIÓN UNIVERSITARIA -5%
    GAMIFICACIÓN EDUCATIVA E APRENDIZAXE BASADO EN XOGO NA EDUCACIÓN UNIVERSITARIA
    PAULA RODRÍGUEZ / ANA MANZANO / JOSÉ MIGUEL RODRÍGUEZ
    Imaxina unha universidade na que cada clase se transforma nun xogo envolvente, onde os estudantes se converten en exploradores de novos coñecementos e os retos académicos adquiren a emoción dunha aventura épica. No corazón do manual atópase o deseño de experiencias: un roteiro paso a paso para planificar actividades que combinan mecánicas, dinámicas e recompensas, e que inclúe...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • MODELADO E SIMULACIÓN DE SISTEMAS BIOMÉDICOS -5%
    MODELADO E SIMULACIÓN DE SISTEMAS BIOMÉDICOS
    ALEJANDRO FERNÁNDEZ VILLAVERDE
    O uso do modelado matemático en bioloxía e medicina conta cunha longa tradición, cuxas orixes podemos rastrear como mínimo até a Idade Media. No século XX a utilización de métodos procedentes da enxeñaría tornouse práctica común en biomedicina. Polas súas características específicas, os procesos biomédicos presentan retos diferentes aos encontrados nas enxeñarías “clásicas”, o ...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • TRADUÇOM COMENTADA DE TEXTOS DIDÁTICOS E DIVULGADORES -5%
    TRADUÇOM COMENTADA DE TEXTOS DIDÁTICOS E DIVULGADORES
    CARLOS GARRIDO
    Encarregado desde há mais de vinte anos da docência de disciplinas de traduçom técnico e de traduçom geral de inglês e de alemám para galego, nas quais recorro com freqüência , como base das práticas tradutivas, a textos didáticos e divulgadores, e tendo orientado a elaboraçom de numerosos trabalhos de fim de curso consistentes na traduçom comentada de um texto especializado, e...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • MAS GALICIA ENTRE COPAS. NUEVA EDICIÓN COMPLETAMENTE ACTUALIZADA -5%
    MAS GALICIA ENTRE COPAS. NUEVA EDICIÓN COMPLETAMENTE ACTUALIZADA
    MARIANO FISAC / PEPE SOLLA(PRÓLOGO)
    Ha pasado mucho tiempo desde que Galicia entre copas viera la luz; fue el fruto de un viaje, casi iniciático, de probar, conocer y, de alguna forma, mostrar —como hasta entonces no se había hecho— la realidad de un territorio que en unos pocos años había pasado de la práctica irrelevancia —más allá de lo folclórico— a convertirse en una de las referencias mundiales del vino eme...
    En stock

    23,90 €22,71 €