
- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2011
- Materia
- Teatro
- ISBN:
- 978-84-8487-199-6
- Páxinas:
- 119
- Colección:
- CADERNOS TEATRO
- Idioma:
- Galego
273.DRAMATICULAS
AFONSO BECERRA DE BECERREA
A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros.
Como na vida, hai escenas de amor e desamor. Hainas de personaxes que se buscan. Hainas de voces que non chegan a ser personaxes porque non dan construído a súa identidade. Hai escenas de sexo. Hainas de pensamento. Pero en todas, os personaxes, de habelos, han ser a actriz ou o actor que os actúe e os diga, han ser as lectoras e os lectores que queiran xogar con estas dramatículas. Porque, á fin e ao cabo, o que aquí se propón é un xogo coas voces que ha chamar polo corpo