- Editorial:
- PERUCHELA EDICIÓNS
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Monografia
- ISBN:
- 979-13-991725-2-2
- Páxinas:
- 564
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- VARIOS
- Idioma:
- Galego
(...) TODA A ETERNIDADE NUN OLLAR DE PALABRAS: TAREIXA E MARICA CAMPO, CASA E TERRA
XULIO PARDO DE NEYRA
Primeiro estudo monográfico sobre Tareixa e Marica Campo
Este libro constitúe a primeira aproximación integral á vida e á obra de Tareixa e Marica Campo, dúas figuras fundamentais da literatura e da cultura galega do século XX.
A través dunha investigación que combina a análise literaria, a memoria familiar e a reivindicación social, Xulio Pardo de Neyra recupera a voz de dúas mulleres que foron teatro, poesía, narrativa, ensino e compromiso nun país que moitas veces as ignorou.
A obra percorre a súa xenealoxía, o seu contexto histórico e a súa produción literaria, desde as sextinas de Marica ata o teatro e a narrativa de Tareixa, pasando pola súa literatura infantoxuvenil e o seu activismo cultural.
O autor sitúa ambas no centro dunha tradición feminina e subversiva, afastada de paternalismos, e reclama para elas o lugar que lles corresponde no canon galego.