Nunha época como a actual , caracterizada polo despedazamento da identidade , a penuria da memoria , a fragmentación da subxectividade e a debilidade ontolóxica , onde case non importa a substancia e na que polo xeral todo se basea na rapidez e na flexibilidade da persecuciñon da comodidade ; as historias e as súas imaxes hai tempo que deixaron de habitar nunha arquitectura cuxa máxima expresión era a morte . Tal como explicaba Loos . A daquel vello reino onde os alicerces non desatendían a súa débeda coas raíces en que se substentaba , acreditando na presencialidade das persoas malia á súa desaparición fisica e querendo ser ....