0
APRENDENDO A XESTIONAR O PÚBLICO
-5%

APRENDENDO A XESTIONAR O PÚBLICO

Experiencias de innovación docente e organizativa dende a Facultade de Dirección e Xestión Pública

XOSÉ Mª MAHOU LAGO / ENRIQUE JOSÉ VARELA áLVAREZ(EDS.)

12,00 €
11,40 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Ano de edición:
2025
Materia
Monografia
ISBN:
978-84-1188-070-1
Páxinas:
192
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
MONOGRAFIAS.
Idioma:
Galego
12,00 €
11,40 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos


O libro Aprendendo a xestionar o público é froito do traballo colectivo dun grupo de profesoras e profesores da Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo. Conmemora os 25 anos dos estudos de Xestión Pública na institución, nun percorrido que comezou coa diplomatura en Xestión e Administración Pública e culminou na actual oferta de Grao en Dirección e Xestión Pública, en modalidade presencial e virtual, así como do Máster online en Dirección Pública e Liderado Institucional. A obra é, ao tempo, homenaxe e reflexión compartida sobre un proxecto educativo híbrido, sustentado na colaboración entre docentes, estudantes, persoal técnico e administrativo, antigos alumnos e múltiples institucións públicas e sociais.

O volume estrutúrase en tres partes. A primeira, de carácter contextual, analiza a institucionalización dos estudos de xestión pública en España e Galicia, repasando as diferentes experiencias impulsadas polas universidades públicas. Este apartado salienta a evolución dende os títulos tradicionais cara a formatos híbridos e flexibles, necesarios para dar resposta a unha cidadanía diversa e a novos perfís profesionais.

A segunda parte céntrase na coordinación académica virtual e na complexidade que supón deseñar títulos en liña nas universidades públicas presenciais. Subliñase a importancia da xestión académica, a avaliación, o seguimento e a mellora continua como elementos centrais do Grado en Dirección e Xestión Pública. Tamén se aborda o papel do profesorado como axente de innovación, que debe deseñar estratexias adaptadas a un alumnado diverso e en contornos virtuais.

A terceira parte recolle experiencias concretas de innovación docente. Inclúe exemplos de aprendizaxe baseada en soportes audiovisuais, estudos de caso aplicados á xestión pública, dinámicas de avaliación cooperativa, e propostas de Aprendizaxe-Servizo en materias de Dereito Financeiro. Estas prácticas mostran como é posible garantir a calidade e o rigor formativo tamén en contornos virtuais, conectando os contidos académicos coa realidade profesional e institucional do sector público.

A obra propón pensar a innovación educativa non como un fin en si mesmo, senón como unha ferramenta ao servizo da cidadanía e da mellora das políticas públicas. A súa vocación é institucional e transformadora: contribuír a configurar espazos de aprendizaxe significativa, orientados por valores democráticos e de servizo público. O camiño que propón esta publicación é híbrido, colaborativo e sostible, e apunta cara ao futuro da educación superior pública en Galicia e no conxunto do Estado.

Artículos relacionados

  • ARQUITECTURA RELIGIOSA CONTEMPORÁNEA EN FILIPINAS -5%
    ARQUITECTURA RELIGIOSA CONTEMPORÁNEA EN FILIPINAS
    ESTEBAN FERNÁNDEZ-COBIÁN
    Filipinas es un país mayoritariamente católico cuya arquitectura religiosa apenas ha sido estudiada. A lo largo de estas páginas el lector podrá conocer las iglesias más sobresalientes construidas durante el siglo XX y las primeras décadas del XXI, agrupadas en periodos temporales que explican su evolución en el marco de la historia reciente del país. ...
    En stock

    30,00 €28,50 €

  • REMOVER ROMA POR SANTIAGO -5%
    REMOVER ROMA POR SANTIAGO
    HENRIQUE EGEA
    Receava verdadeiramente a Igreja romana que a Igreja compostelana, um avez obtidos os direitos da dignidade eclesiática e apoiada no seu Ápostolo, assumisse para si o ápice e o privilégio de honra entre as Igrejas ocidentais, e que assim como a Igreja romana sobressaía e dominava as outras Igrejas polo seu Ápostolo, assim tambén(sobressaísse e dominasse) a Igreja compostelana p...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • EL POBLAMIENTO HUMANO DEL NW PENINSULAR DURANTE EL ... -5%
    EL POBLAMIENTO HUMANO DEL NW PENINSULAR DURANTE EL ...
    EDUARDO MENDEZ QUINTAS
    Este libro recoge una síntesis con los principales resultados de las investigaciones desarrolladas en el yacimiento paleolítico de Arbo(Pontevedra). A su vez, esta cronología es una de las más recientes, en el suroeste de Europa, para la tecnología lítica identificada aquí: el Achelense de grandes lascas de filum africano. Esta y otras circunstancias hacen de este yacimiento, y...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • A PROPÓSITO DA VIAXE DE PLÁCIDO CASTRO ÁS ILLAS BLASKET(IRLANDA, 1928) -5%
    A PROPÓSITO DA VIAXE DE PLÁCIDO CASTRO ÁS ILLAS BLASKET(IRLANDA, 1928)
    UXÍO- BREOGÁN DIÉGUEZ / XULIO RÍOS(EDS.)
    Irlanda e Galiza teñen moitas semellanzas. É moito o que temos en común(historia, cultura material e inmateria, folclore...). Para o pobo galego, dicía Plácido Castro, Irlanda é a terra máis interesante do mundo, país cunha vida e unha historia da que os galegos e galegas podiamos sacar moito proveito. ...
    En stock

    8,00 €7,60 €

  • PETROGLIFOS INEDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ- -5%
    PETROGLIFOS INEDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ-
    JOSE ANTONIO GAVILANES
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • MAMOAS Y PAISAJE MUERTE Y VIDA EN VAL DE SALAS(OU)-Nº55 -5%
    MAMOAS Y PAISAJE MUERTE Y VIDA EN VAL DE SALAS(OU)-Nº55
    JOSE MARIA EGUILETA FRANCO
    En stock

    16,02 €15,22 €