Unha tradición oral recorda unha grave matanza de homes nas parroquias de Gastrar e Vigo (Boqueixon) nun pasado indeterminado. Para investigar estes feitos recorremos ás fontes históricas tradicionais pero tamén á memoria e á documentación privada de varias familias. Os resultados son parciais, pero confirman e reforzan a tradición oral: unha execrable matanza de homes (incluídas algunhas mulleres) acorrida o 8 de setembro de 1838, nun ataque perfectamente organizado pola facción durante a Primeira Guerra Carlista (1834-38)