- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2000
- ISBN:
- 978-84-89896-71-0
- Páxinas:
- 124
- Colección:
- COLECCION XERAL
- Idioma:
- Galego
TECENDO PANOS
AA.VV
Tecendo Panos reúne nas súas páxinas os catro relatos galardoados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguia nas suas VII e VIII convocatórias (1998-1999), concurso que convoca anualmente o Concello de Arteixo e que coordena desde a sua criación en 1991 o escritor Henrique Rabuñal, tamén responsábel da edición deste libro. Este volume suma-se aos intitulados Relatos (1995) e Airadas de palabras (1998) editados tamén por Laiovento.
Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Álvarez, Manuel Riveiro Loureiro e David Pérez Iglesias, son autores, xa coñecidos dos leitores, que nos brindan, desde estéticas e perspectivas complementares, unha nova oportunidade de desfrutar da máxia concentrada e sublime de que se nutre o relato breve.
Ilustración da capa: Urbano Lugrís Vadillo.