- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Narrativa
- ISBN:
- 978-84-8487-619-9
- Páxinas:
- 216
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- COLECCION XERAL
- Idioma:
- Galego
SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO
O sarxento Studer
FRIEDRICH GLAUSER
O sarxento Studer é unha persoa entrañabel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suiza chegou a ser extremadamente popular.
Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicado en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suiza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.
Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra maís prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da nvoela de detectives.
En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente << a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego>>, e tamén <