Un refuxio é unha construción que libera da opresión do mundo, pero non sempre como ferramenta de evasión. Un refuxio pode ofrecernos ao mundo dunha outra forma, establecendo unha relación de superioridade fronte á dor. Un acubillo que remexa até os alicerses para trousar a dor fóra, traela á fronte e cubrir os ocos que ela foi deixando no noso interior, cun alento que dea pulo ao novo nós que abrolla. E que utilice esa mesma dor, que fica fóra, á vista, para sinalar o silencio culpable, a man que agrede.