
- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2000
- ISBN:
- 978-84-89896-67-3
- Páxinas:
- 84
- Colección:
- COLECCION XERAL
- Idioma:
- Galego
OS CONSTRUCTORES DE IMPERIOS OU O SCHMURZ
BORIS VIAN
Un ruído inquietante e ameazador. E a fuxida, na noite, abandonando morada e pertenzas, para se instalar nun territorio máis estreito e afogante. Eis o drama desta Familia na que se enfrentan dous mundos antagónicos. Por unha banda, o da Filla, que se nega a pechar os ollos ante a realidade. E pola outra, o dos Pais, que se deixa ir paseniñamente cara á degradación. Mocidade frente a Vellez, autenticidade frente a cinismo, vitalidade frente a decrepitude, alegría e xogo frente a monotonía e estupidez, xenerosidade frente a egoísmo. No medio, a Criada á que se lle esixe aliñarse no bando que non é o seu. E sempre presente o Schmürz, pandote e obxecto da represión consciente e inconsciente.
Tradución do francés de Henrique Harguindey.
Ilustración da capa e interior: Xavier Garaizábal.