- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2008
- Materia
- Narrativa
- ISBN:
- 978-84-8487-142-2
- Páxinas:
- 166
- Colección:
- COLECCION XERAL
- Idioma:
- Galego
OS ALIMENTOS TERRESTRES E OS NOVOS ALIMENTOS
ANDRE GIDE
Ramallos axitados de forma desigual... é porque a diversa elasticidade das súas ramiñas, facendo diversa a súa forza de resistencia ó vento, fai diverso tamén o impulso que o vento lles dá... etc. Pasemos a outro tema... Cal? Ó non haber composición non debería ser necesario elixir... Dispoñible, Nathanaël, dispoñible!
* * *
Pero nesta balada falaba sobre todo dos homes e das mulleres e non cha digo agora porque non quero personalizar. Pois xa notaches que neste libro non hai ninguén. E mesmo eu non son nada máis que Visión.
* * *
Tira o meu libro; di que só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben coma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas, Sinte apego nada máis que por aquilo que só está en ti mesmo e en ningunha outra parte, e crea de ti, con impaciencia ou con paciencia, ah! o máis insubstituible dos seres.