Todos os castelos encerran historias , pero a do Castelo de Soutomaior é moi especial . Hoxe elévase maxestoso e en silencio , dominando o val do río Verdugo , na provincia de Pontevedra . O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII . A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días . Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e formar xa parte sempre do Castelo de Soutomaior . Este libro non é un ensaio histórico , nin unha guía ao uso , senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir unha fortaleza que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento , e rexurdir novamente a finais do século XIX . Unha narración enriquecida coa multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe , e que inclúe máis dun centener de fotografias ( históricas e actuais )....