0
O AMOR QUE EU LEVEI DE SANTIAGO.ROTEIRO DA LIRICA MEDIEVAL
-5%

O AMOR QUE EU LEVEI DE SANTIAGO.ROTEIRO DA LIRICA MEDIEVAL

YARA FRATESCHI / M.ISABEL MORAN / JOSE ANTON

12,00 €
11,40 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
TOXOSOUTOS, S.L.
Ano de edición:
2012
Materia
Historia
ISBN:
978-84-15400-30-1
Páxinas:
101
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ESMORGA
Idioma:
Galego
12,00 €
11,40 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Nos séculos XII e XIII, era determinante o papel de Santiago de Compostela como centro relixioso, político e cultural, funcionando a cidade non só como polo de atracción para as correntes intelectuais e artísticas prevalecentes na Europa, mais tamén como punto de difusión desas mesmas tendencias ou doutras que alí terían encontrado o seu berce. Non é de estrañar que unha boa parte dos trobadores cuxa produción se encontra recollida nos Cancioneiros galego-portugueses estea, dalgunha forma, con ela relacionada. Así, os trobadores máis antigos, unidos entre si por lazos familiares ou por nexos sociais vinculativos, que os caracterizan como un grupo fortemente cohesionado e solidario, remiten a liñaxes poderosas no contexto galego da época: entre elas, ten papel preponderante a estirpe dos Traba, mais hai outras igualmente importantes que lle están asociadas, como os Vélaz, Limia, Celanova-Toroño, Cabrera e Urgell. Con ramificacións e alianzas que se estenden aos outros reinos da Península, esas familias ligábanse intimamente tamén aos círculos do poder real e eclesiástico, con presenza marcante inclusive na comunidade relixiosa do arcebispado de Santiago. Os Cancioneiros rexistran as composicións doutros trobadores pertencentes a liñaxes nobres con propiedades fóra da terra de Santiago, mais que, en gran parte, posuían casas en Compostela, que servirían, dada a importancia política e cultural da cidade, como centro aglutinador para as suas respectivas cortes. En fase mais avanzada, quando xa se implantara o modelo transpirenaico e tiñan cristalizado os trazos que irían demarcar a lírica galego-portuguesa, organizáronse certas compilacións de cantigas, posteriormente integradas nos Cancioneiros xerais, cuxos autores eran clérigos ou xograis galegos, respectivamente.
O roteiro que presentamos está dirixido en principio ao visitante non especialista. Dividimos os trobadores en dous grupos: o primeiro é constituído por autores que fan algunha mención a Santiago de Compostela na sua produción; o segundo inclúe trobadores que se ligan a esta área xeográfica por documentación histórico-biográfica, ainda que non fagan directamente referencia a esta nas súas cantigas.

Artículos relacionados

  • EL TERRITORIO DE VALGA EN ÉPOCA ROMANA -5%
    EL TERRITORIO DE VALGA EN ÉPOCA ROMANA
    DIEGO PIAY AUGUSTO
    Los yacimientos arqueológicos excavados hasta el momento actual en el municipio de Valga, permiten reconstruir el relato de su historia desde el período posterior a la conquista romana, cuando el territorio estaba habitado por la población de los cileni, y hasta el final de la antigüedad, poco antes de que en las fuentes escritas aparezca la primera referencia a la villa Vallig...
    En stock

    24,00 €22,80 €

  • O TERRITORIO DE VALGA EN ÉPOCA ROMANA -5%
    O TERRITORIO DE VALGA EN ÉPOCA ROMANA
    DIEGO PIAY AUGUSTO
    Os xacementos arqueolóxicos escavados ata o momento actual no municipio de Valga permiten reconstruír o relato da súa historia desde o período posterior á conquista romana, cando o territorio estaba habitado pola poboación dos cileni, e ata o final da antigüidade, pouco antes de que nas fontes escritas apareza a primeira referencia á villa Valliga e de que os «homes do norte» c...
    En stock

    24,00 €22,80 €

  • QUE VIVA ( O ENTROIDO DE COVELO) -5%
    QUE VIVA ( O ENTROIDO DE COVELO)
    EMILIO ARAÚXO
    Gardando sempre o misterio dilatado do seu ser, o entroido de Covelo, un dos entroidos máis prodixiosos de Europa, o entroido de Covelo de Quins, no concello de Melón (Ourense). Ninguén volverá. Ninguén volverá daquilo co corazón baleiro. O saúdo uqe perdura da incansable porfía dunha man espazosa. Debaixo da nube de nomes dos paxaros vellos, a aldea de Covelo transpoñendo sen ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • JAKOBSLAND. VIQUINGOS NO REYNO DE GALICIA -5%
    JAKOBSLAND. VIQUINGOS NO REYNO DE GALICIA
    ALBERTO CACHARRÓN / ISABEL PIBTADO
    El autor narra al detalle la apasionante historia de los vikingos en el Reyno de Galicia, con un estudio exhaustivo de las diferentes estapas y los comportamientos de los mismos. ...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • MEMORIA HISTÓRICA DE COVAS, ESMELLE E SAN XURXO -5%
    MEMORIA HISTÓRICA DE COVAS, ESMELLE E SAN XURXO
    GUILLERMO LLORCA (COORD)
    Percorrido pola historia e o patrimonio de Covas, Esmelle e San Xurxo, a través dos artigos de diversosautores, coordinadores por Guillermo Llorca.Temas como a minería de Covas, a caza da balea en Prioriño, as fontes, lavodoiros e muíños, as leiteiras. os cines ou os nomes singulares das casas, entre outros moitos compoñen esta obra que inclúe numerosas fotografías. ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • 90 ANOS NAS ONDAS 1933-2023 -5%
    90 ANOS NAS ONDAS 1933-2023
    ASER ÁLVAREZ GONZÁLEZ
    Conforme á misión encomendada por Iñaki Gabilondo no limiar deste libro, imos na procura da mellor palabra para definir a relación entre a radio e os ouvintes: "Sabemos que non somos da familia, pero a radio acompáñanos no coche, no teléfono móbil e mesmo entra nas nosas casas con tal confianza que coñece até as nosas cociñas, baños e dormitorios. E non é cousa dun día, dun mes...
    En stock

    20,00 €19,00 €