- Editorial:
- LAIOVENTO S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Biografias
- ISBN:
- 978-84-8487-645-8
- Páxinas:
- 314
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- FORA DE SERIE
- Idioma:
- Galego
FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)
MANUEL MONGE GONZÁLEZ
Difúndese que Alberto Núñez Feijóo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante,etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijóo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos"
Feijóo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Oursense cualificaba como "leta" a posibilidade dun pacto con Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza la estabilidad". Feijóo é un "marxista" ( de Groucho Marx) convencido: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".
O libro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijóo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijóo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijóo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, asi de claro.