0
FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO (PONTEVEDRA,1939-19
-5%

FILGUEIRA VALVERDE, PROFESOR HUMANISTA INNOVADOR E DIRECTOR DUN INSTITUTO MODELO (PONTEVEDRA,1939-19

GERMÁN MANUEL TORRES DE ABOAL

13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO
Ano de edición:
2025
Materia
Biografias
ISBN:
978-84-1188-078-7
Páxinas:
267
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
FÓRA DE COLECCIÓN
Idioma:
Galego
13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

O libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun instituto modelo (Pontevedra, 1939-1976) de Germán Manuel Torres de Aboal, trata dunha biografía intelectual e educativa do profesor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Baseado na súa tese doutoral, dita obra fai unha descrición pormenorizada e unha análise da función docente e directiva desempeñada por Filgueira Valverde no Instituto de Pontevedra, que foi declarado instituto modelo en 1957 e no que o profesor Filgueira, durante moitos anos, desempeñou un labor digno de consideración.

O estudo basease nunha fonda investigación básica de carácter cualitativo, por medio da indagación arquivística e documental, dos que destacariamos tres arquivos: o arquivo documental e gráfico do Museo de Pontevedra, o arquivo do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, e o arquivo da Universidade de Santiago. Manexáronse, pois, as fontes primarias, secundarias e terciarias. Tamén coa consulta dunha abondosa bibliografía. Destacar a importantísima colaboración da familia Filgueira-Iglesias que en todo momento nos facilitou o acceso a canta documentación, bibliografía, documentación gráfica e información nos foron necesarias e útiles. O autor agradece tamén a autorización da familia para utilizar todos os materiais aos efectos da tese e das publicacións sobre o profesor Filgueira Valverde.

Despois da revisión da ampla documentación manexada, chegamos á conclusión de que o profesor Filgueira Valverde foi un docente humanista innovador polo seu labor docente e directivo. No seu instituto tiña moita importancia unha educación que transcendía o muro das aulas polas actividades educativas e culturais que se desenvolvían no Instituto de Pontevedra nesta etapa histórica.

Filgueira Valverde pretendía un ensino activo e creativo da lingua e da literatura, promovía a lectura e a escritura, os comentarios de texto, as conferencias, as declamacións, a utilización do teatro escolar, do cine e daba moita importancia á música, á educación física e ao deporte, ás excursións.

Artículos relacionados

  • EL MAR TENÍA UN AMARGO SABOR A LÁGRIMAS. MEMORIAS (1937-1945) -5%
    EL MAR TENÍA UN AMARGO SABOR A LÁGRIMAS. MEMORIAS (1937-1945)
    SYRA ALONSO
    Una de las crónicas más desgarradoras e íntimasde la represión franquista y el exilio ve la luz encastellano 80 años después de haber sido escrita.Publicada hasta ahora parcialmente en galego,el investigador Conrado J. Arranz ha descubiertoen México numeroso material inédito y ha preparadouna magna edición de más de 500 páginasque incluye 130 documentos y fotografías. El mar te...
    En stock

    28,50 €27,08 €

  • O CINEISTA ANDARENGO -5%
    O CINEISTA ANDARENGO
    MANOLO GONZÁLEZ
    Sempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur, aquel que, como denota a su´a rai´z latina amare, implica facer algo por pracer, por puro amor. Bernardino de Lamas, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, é un dos pioneiros cinei´stas amateur de Galicia....
    En stock

    19,00 €18,05 €

  • A HISTÓRIA DA LUZ -5%
    A HISTÓRIA DA LUZ
    ANTOM SANTOS
    Luz Fandiño(Santiago de Compostela, 1931-2024) tornara-se nas últimas décadas da sua vida umha figura central na vida cultural, social e política da cidade que a viu nascer. Dumha conversa da Luz com esta mocidade que a admirava, no extinto Grupo de Estudos da Fouce, parte o texto que serviu de pau para erguer este palheiro. O historiador Antom Santos contextualiza este relato...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • GALEGAS NA MÚSICA -5%
    GALEGAS NA MÚSICA
    ISABEL BLANCO
    Este libro reúne unha escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xoglaresa ata as máis recoñecidas músicas contemporáneas. É, ademais, unha reivindicación da música tradicional galega, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandereteiras, está presente en todas elas. ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • FEDERICO TAPIA SEGADE 1825-1891 -5%
    FEDERICO TAPIA SEGADE 1825-1891
    ANA ROMERO MASIÁ / CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ
    A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenvolvemento urbanístico, económico e socio-cultural na cidade herculina, coa chegada do ferrocarril, a expansión industrial e a f...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • DELIRIOS Y ENSOÑACIONES -5%
    DELIRIOS Y ENSOÑACIONES
    JOSE ARCADIO MARIN ABDILLA
    El libro trata de narrar la historia en primera persona del proceso de alguien con diagnóstico de esquizofrenia, mediante imágenes y textos generados por mí mismo durante un proceso que abarca desde antes del diagnóstico e incapacitación hasta la situación actual. Deseo que lo disfruten. ...
    En stock

    16,68 €15,85 €