0
283.CARTAS PERSAS
-5%

283.CARTAS PERSAS

MONTESQUIEU

19,00 €
18,05 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
LAIOVENTO S.L.
Ano de edición:
2011
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-8487-213-9
Páxinas:
265
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COLECCION XERAL
Idioma:
Galego
19,00 €
18,05 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebridade instantánea que lle abre as portas dos principais salóns literarios da capital e, posteriormente, a súa admisión na Académie Française.

As Cartas persas son a obra dun moralista, unha novela epistolar en que a mirada exótica de dous persas que viaxan por Francia, Usbek e Rica, lle serve de pretexto ao autor para describir, criticar e opinar sobre a sociedade do seu tempo e nelas atopamos unha divertida sátira dos costumes da época. A súa orixinalidade radica, en gran parte, en que ao longo da obra aparece unha novela, cunha intriga que ten un desenlace sorprendente e que mantén esperta a atención do lector.

Neste libro reflíctense os principais trazos do pensamento de Montesquieu: tolerancia relixiosa, crítica dos réximes opresores, aspiración á liberdade e á felicidade e amor pola verdade e a razón.

Artículos relacionados

  • COMERÁS FLORES -5%
    COMERÁS FLORES
    LUCÍA SOLLA SOBRAL
    Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno.O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ha...
    En stock

    19,95 €18,95 €

  • A CHUVIA SOBRE O MAR -5%
    A CHUVIA SOBRE O MAR
    LUÍS CAPARRÓS ESPERANTE
    Na remota aldea costeira de Carnoelle, unha Galiza atávica e brumosa, o tempo parece terse detido entre os muros do pazo familiar do Casal. Alí, baixo a mirada escéptica e decadente do tío Nicolás -un ancián que vive de recordos e alcohol-, buscan refuxio Amaro Mariño e o seu amante, Luscinda. Foxen dun pasado traumático na cidade e perseguen o espellismo dunha vida suspendida,...
    En stock

    17,95 €17,05 €

  • QUE QUEDE ENTRE NÓS -5%
    QUE QUEDE ENTRE NÓS
    JOSEFA SUÁREZ PEREIRA
    Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea.A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e lecto...
    En stock

    13,00 €12,35 €

  • O MUNDO DE TARABELO -5%
    O MUNDO DE TARABELO
    LUCIANO DE MONFADAL
    Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira. É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote ...
    En stock

    15,00 €14,25 €

  • ULTREIA -5%
    ULTREIA
    FRANCISCO NARLA
    Ano 1117:Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria.Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que estraña un pai, e Triboule...
    En stock

    23,90 €22,71 €

  • A BOCA DE KRISHNA -5%
    A BOCA DE KRISHNA
    XOSÉ RAMÓN PENA
    Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernosto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia.Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Gal...
    En stock

    19,95 €18,95 €

Outros libros do autor