O 20 de decembro de 1907 naceu na Habana o Himno Galego, por iniciativa do emigrante ferrolán Xosé Fontela Leal, home lúcido e apoixonado que amaba a súa patria de orixe. Teimaba Fontela na creación dunha canción patria que identificase a Galicia. Os símbilos nacionais son moi respectados en América Latina. O mozo emigrante vivía nun país que acababa de obter a independencia e procuraba a propia identitade. El cavilaba na súa terra, da qeu o transplantaran en plena infancia. De primeiras pensoul en Curros e Chané, un gran poeta e un gran músico, que daquela andaban enfadados, así que -home ben informado, tratándose de Galicia- pediulle a Eduardo Pondal e Pascual Veiga o poema e a composición musical que presentaran en 1890 a un concurso do Recreo de Artesanos da Coruña.