Preséntanse neste libro unha serie de pezas que parten da edición da obra de José Fernández Vide, Mestre Vide, realizada por Javier Jurado para a Deputación Provincial de Ourense.
As versións aquí publicadas abranguen un amplo abano de xéneros, bailables(pasodobres, valses, galop) e aires rexionais, incluíndo unha peza de resonancia antillana e unha balada galega.