Na procura de respostas sobre o ser, o tempo, a morte ou o significado da vida, Vestidos de organdí mestura referencias e diferentes culturas, mitoloxías e obras literarias con imaxes da nosa cotidianeidade. Válese para iso dunha pluralidade de voces que enfrontan adversidades e cuestionan a natureza da vida, a finitude, a transitoriedade e a inevitábel transformación de todo o que nos rodea.
Pura Tejelo volve mostrar nesta obra a súa linguaxe poética rica, coidada e depurada, cunha forte carga emocional e un efectivo uso de recursos poéticos.