Cando unha muller se nega a facer o papel de floreiro ou de fepuldo chámaselle " feminista " . A autora apúntase a non ser nin floreiro nin felpudo e cre qeu os termos " feminismo " e " feminista " non deberían usarse como arma arreboladiza ( coma se fose unha granada ) por parte de ninguén . Neste panfleto María Donapetry propón como chegar a ser feminista en dez prácticos e doados prazos , como se foses a comprar unha neveira ou un coche . Se chegas ata o final , converteraste nun feminista de prol e halo pasar bomba .