0
UN MONTE TODOS OS MONTES
-5%

UN MONTE TODOS OS MONTES

AZUL MAIS VERDE COOP. / AUTORÍA COLECTIVA

16,00 €
15,20 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
AZUL MAIS VERDE COOP.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-09-83188-3
Páxinas:
252
Encadernación:
Tapa blanda
Idioma:
Galego
16,00 €
15,20 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos


Un monte todos os montes concíbese como unha “publica-acción” para o pensamento e a acción colectiva. Impulsada por Azul mais Verde Coop. co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario en Galicia.
A través dunha escrita plural -que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués- e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao monte en distintos territorios. O propio libro, na súa forma e materialidade, desde a edición e o deseño, ensaia unha práctica de biodiversidade, incorporando unha composición aberta de escalas, ritmos e disposicións que o lector percorre como experiencia.
Constrúese desde o encontro entre investigación e prácticas situadas —entre a investigación-acción, a creación artística, a mediación cultural e o traballo comunitario— en relación co territorio e en diálogo con estratexias de gobernanza do monte. Conta coas contribucións de Adriele Andrade Précoma, Natalia Balseiro, Lara Barros Alfaro, María Bella, Martiño Cabana Otero, Joám Evans Pim, Antonio Nodar, Susana González, Óscar Rivas López, Fran Rodríguez Casal e Outonía S. Coop. Galega.
Máis alá da reflexión, esta publicación busca dispoñer para o facer: activar imaxinarios, abrir procesos e contribuír á construción de futuros sostibles desde a especificidade de cada monte —un monte, todos os montes—, desde a cultura, as comunidades e a ecoloxía.

REFERENCIA AUTORÍA

Publicación colectiva impulsada e coordinada por Azul mais Verde Coop., construída a partir da contribución de múltiples voces que operan entre a investigación e as prácticas situadas -incluíndo creación artística, mediación cultural e traballo comunitario- en relación co territorio.