«Un espléndido mundo novo» é posiblemente a novela máis lida e inquedante de Aldous Huxley, un dos escritores máis lúcidos da segunda metade do século XX. A súa influencia está presente en obras fundamentais da literatura de anticipación, como «Nós»,de Evgenii Zamiatin e «1984» de George Orwell. Presenta un futuro
lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas
a unha nova realidade deseñada a partir do lema Comunidade,
identidade, estabilidade.