Neve.Escuridade. Moitos graos por debaixo de cero. Unhas condicións que poden darse no Polo Sur. Ou á volta da esquina, nunha vila de León. Os protagonistas deste relato non ter¦nan nada que envexar aos exploradores míticos como Scott ou Schackleton, no tocante a enfrontarse a circunstancias adversas. Dani, o narrador, contaranos, a través das páxinas do seu diario, a historia deses días pasados en Villablino, pero tamén vai contar, con moita retranca e unha chea de referencias á cultura pop, todo o que se lle pasa pola cabeza, dende as súas dúbidas sobre o xeito de reproducirse dos pingüíns ata a morriña polos anos oitenta. Esta historia é a demostración de que o espírito da aventura latexa dentro de todos nós... aínda que a aventura non se albisque por ningures.