Todos o días son iguais. Ou polo menos, parécense demasiado. Esa idea propia da alienación repítese no caletre de Iván, un xornalista menor de trintra anos que perde o seu emprego nun xornal que pecha tras un ERE de extinción. Os días sucédense idénticos, repetidos, reiterados. Nada cambia, todo seguen igual, mais Iván xa non é o mesmo. Todo cambia, todo muda nel nunha caída sen fin entre a alimentación, a culpabilidade, os golpes, a depresión e a sensación de que xa non hai sitio para ninguén, de que sobra, de que é prescindíbel....