- Editorial:
- ATLANTICA INFORMACION E COMUNICACION GAL
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Revistas
- Páxinas:
- 74
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Idioma:
- Galego
TEMPOS NOVOS Nº291 AGOSTO 2021
AA.VV
A confluencia entre a pandemia vírica, que se resiste a ceder, e os fastos do Xacobeo 21, que se negan a non ser, proporciónanos unha ocasión singular para a revisión crítica do concepto de patrimonio cultural e as políticas asociadas con el. Como se sinala no artigo da profesora da USC Nieves Herrero, o consenso sobre o valor do patrimonio cultural, referendado por organismos internacionais como nomeadamente a UNESCO, corre o risco de substraelo á sempre necesaria perspectiva crítica. Nese sentido é lexítimo preguntarse ata que punto a mercantilización da cultura non ten derivado, no caso do patrimonio, cara a unha turistización que en Galicia ten no Xacobeo a súa expresión máis acabada e case monopolizadora. Compárese a carga orzamental do goberno galego destinada ao Xacobeo e ao turismo (que é case dicir o mesmo) e a destinada especificamente a cultura, para a cal por outra banda se carece dun plan específico.