
- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2018
- Materia
- Primeiros leitores
- ISBN:
- 978-84-8464-585-6
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- TRAS OS MONTES
- Idioma:
- Galego
SACAPENAS
ANTHONY BROWNE
Un álbum clásico ideal para compartir e axudar a superar os medos e as preocupacións nunha nova edición acompañada dun boneco sacapenas de comercio xusto.
Tras unha das súas viaxes a México, Anthony Browne regálalle á súa nai unha caixa de bonecos sacapenas. Dende hai moito tempo, explícalle, os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños e restos de teas e cóntanlles as súas preocupacións antes de ir durmir. Logo colócanos debaixo da almofada para que as preocupacións desaparezan ao día seguinte. O regalo tivo efecto, pero unha mañá descubriu a súa nai de novo preocupada: perdera os seus bonecos sacapenas. Este feito real é o punto de partida dunha das obras más recoñecidas do autor británico, un relato no que un neno é capaz de superar os seus medos grazas aos sacapenas que lle regala a súa avoa.
De maneira deliberada, e tras investigar as preocupacións máis comúns na infancia, Browne decide utilizar elementos familiares (zapatos, nubes, sombreiros) para representar os medos do protagonista, acentuando a imposibilidade destes temores co uso do branco e do negro para resaltar a intriga e o irreal. Polo contrario, no resto da trama, na que están presentes os bonecos sacapenas e os momentos familiares, destaca o realismo, os detalles e as cores brillantes, ricas e vitais, que transmiten unha sensación de calma, nos que se observa a influencia das viaxes á América Latina, e que caracterizarán en diante a obra deste autor.