0
RETORNO SEN VOLTA
-5%

RETORNO SEN VOLTA

LASTRA MURUAIS, XOSÉ

13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
ALVARELLOS EDITORA
Ano de edición:
2022
Materia
Poesia
ISBN:
978-84-18567-19-3
Páxinas:
70
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
PREMIO POESIA CONCELLO DE VILALBA
Idioma:
Galego
13,00 €
12,35 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

'Retorno sen volta' é o primeiro libro de poemas dun autor e docente que posúe unha longa traxectoria na defensa da lingua: Xosé Lastra Muruais (A Pontenova, 1952). O escritor logrou con esta obra, en 2021, o Premio de Poesía do Certame Literario de Vilalba, na súa edición número 47. Trinta e tres poemas onde o autor reflexiona
sobre o paso fuxidío do tempo e o desexo dun retorno imposible. Sobre a soidade, a dor da perda, mais tamén sobre a paixón amorosa e o desacougo. A poeta Rosalía Fernández Rial afirma no limiar: «Ao anainar este libro entre as mans, lectora, lector, completarás con catarse os ocos do teu baleiro, porque só se pode seguir camiño combatendo a dor con cantos. Sexamos, pois, cómplices dos pequenos himnos cotiáns, tribo verbal, rebeldía fronte á devastación». O libro está ilustrado por Leandro Lamas (Narón, 1973).

Artículos relacionados

  • BERROS DO SILENCIO -5%
    BERROS DO SILENCIO
    JOSÉ TORRES PIÑEIRO
    Berros do Silencio insírise nesta traxectoria como unha obra especialmente significativa: un libro onde o poeta rompe definitivamente coa autocensura, transforma o silencio en berro e fai da poesía un acto de resistencia emocional. Cada poema é unha confesión, pero tamén unha chamada á conciencia, unha maneira de existir fronte ao esquecemento. ...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS -5%
    CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN
    A aparición, en novembro de 1976, de Conpólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín,supuxo toda unha revolución cultural. Estaobra marcaría un novo tempo para a poesíagalega. Pola calidade e novidade do seu verso,mais tamén polo seu singular formato e deseño.Unha coidada edición facsimilar de AlvarellosEditora rescata agora esta obra emblemática,cando se cumpren 50 anos da súa ...
    En stock

    22,90 €21,76 €

  • OS PAXAROS QUE NON PUIDERON VOAR -5%
    OS PAXAROS QUE NON PUIDERON VOAR
    ALBERTO PÉREZ RIERA
    Alberto Pérez Riera, fillo de pai galego(nado en Cedeira) e de nai catalá(nada en La Bisbal D`Empordá-Xirona),naceu en Caranza(Ferrol), no ano 1979, pero viviu dende pequeno nas Pontes de García Rodríguez, no poboado do Muíño, onde eran moitos nenos de familias que case todas viñan de fóra, debido á característica industrial do pobo. Estudou en Compostela Económicas, pero deix...
    En stock

    11,00 €10,45 €

  • SEMPRE LELA -5%
    SEMPRE LELA
    ESTHER PIÑEIRO
    Os poemas deste libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desecantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas, sobre a Nosa Terra,a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • VOLVORETAS -5%
    VOLVORETAS
    GARCÍA FERREIRO
    Este poemario foi acollido con agarimo e parabéns pola crítica literaria do seu tempo. Decenas de escritores e xornalistas de toda a Península Ibérica loaron as virtudes, inspiración e pericia do poeta ourensán para a escrita..... ...
    En stock

    22,00 €20,90 €

  • CUNETAS -5%
    CUNETAS
    LUÍS PIMENTEL
    A serie de poemas «Cunetas», escrita en casteláne datada por Luís Pimentel en 1947, denunciaa represión fascista na guerra civil, polo quepermaneceu inédita durante toda a ditadura.Só se publicaría de maneira independente enMadrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singularedición que reúne todas estes poemas xunto conoutros disperso...
    En stock

    14,50 €13,78 €