Poemario marcado por unha escrita dende o corazón, radicalmente comprometida coa lingua de noso. Xan Rodiño escolle en "Poesicatrices" o camiño máis difícil. Escolle a vida para mudar o mundo. E faino cunha profunda arela, cun verso que debería escoar en todo o uni(verso),"que o teu amor se atope coa felicidade".