Reprodución facsimilar dun caderno autógrafo de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen vai adicado o Día das Letras Galegas do ano 2008. Este documento fai o número oito dunha serie de cadernos conservados no arquivo da familia Álvarez-Cáccamo e recolle poesías orixinais e traducións, algunhas delas inéditas, datadas entre 1934 e 1939.