Pierre e Jean, os fillos de Roland, regresan á casa no período de calma entre a finalización dos seus estudos e o comezo das súas carreiras prefesionais. Porén, esta paza crébase cando o máis novo, Jean, recibe de Maréchal, un vello amigo da familia, unha herdanza que cambiará a súa vida e poñerá en risco o equilibrio familiar...
Cumio creativo da novelística de Maupassant, Pierre e Jean revisita temas universais aínda vixentes, como a rivalidade entre irmáns, que desde tempos inmemoriais, acaba as máis das veces co sacrificio do máis débil. 
 
						 
					 
                                                            
                                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                            