0
PANTHERA TIGRIS (GALEGO)
-5%

PANTHERA TIGRIS (GALEGO)

SYLVAIN ALZIAL / HÉLÈNE RAJCAK

17,00 €
16,15 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
FAKTORIA K
Ano de edición:
2024
Materia
Narrativa infantil
ISBN:
978-84-19213-53-2
Páxinas:
32
Encadernación:
Tapa dura
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
17,00 €
16,15 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar e para sabelo todo sobre os tigres de Bengala.
Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo o que sabe do mundo decide investigar o único animal do que non ten coñecemento ningún: o tigre de Bengala. Tras mergullarse nunha extensa lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas,
embárcase nunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guía local, intérnase na selva para encontrar un exemplar de Panthera tigris. Avanza entre a maleza interpretando pegadas e sinais e impoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertencias
do seu acompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo ese coñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista? No encontro cara a cara coa besta descubrirá a resposta.
Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzas do mestre bengalí contemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor da experiencia como fonte de coñecemento. Faino a través dun relato que destila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempo que informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilo dos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns e finalmente un tigre laranxa tan impactante como a impresión que ten o protagonista no seu encontro co felino.

Artículos relacionados

  • A PANADERÍA -5%
    A PANADERÍA
    LUCÍA BELARTE
    Unha historia de tolerancia e solidariedade cunhas sorprendentes ilustracións para gozar de ata o máis mínimo detalle. Cando a familia Lobo traslada a súa panadería da cidade á vila coa esperanza de que o negocio mellore, pronto descubrirá que tampouco alí os lobos son ben recibidos. Pero unha enorme riada fará que todos os veciños se unan contra a adversidade e que terminen ...
    En stock

    16,00 €15,20 €

  • O POETA MANUEL MARÍA NON DORME DE NOITE -5%
    O POETA MANUEL MARÍA NON DORME DE NOITE
    PEPE CARREIRO E ABRAHAM CARREIRO
    Un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións. ...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • ISADORA MOON. VAI Á ESCOLA -5%
    ISADORA MOON. VAI Á ESCOLA
    HARRIET MUNCASTER
    Isadora Moon é medio fada e medio vampira, é mística e máxica, pero, cando os seus pais deciden que xa é hora de que vaia á escola, non sabe onde encaixará mellor. Debería ir á escola de fadas ou á de vampiros? Isadora leva unha vida plena e atarefada na súa casa en compañía de Coelliño Rosa. Dende o seu dormitorio na torre máis alta pode ver toda a cidade e saír a voar entre a...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • ISADORA MOON. QUERE AXUDAR -5%
    ISADORA MOON. QUERE AXUDAR
    HARRIET MUNCASTER
    A nai de Isadora contrae a gripe das fadas e ela quere facela sentir ben por todos os medios: facerlle o almorzo, lerlle un conto, coidar de Bebé Chorima, prepararlle un baño de burbullas, recoller o seu dormitorio... todo é pouco para Isadora, pero DEMASIADO para os seus pais! Harriet Muncaster crea unha personaxe irreverente, divertida e un chisco aloucada que representa á pe...
    En stock

    11,95 €11,35 €

  • O POETA MANUEL MARÍA É FOGUETEIRO -5%
    O POETA MANUEL MARÍA É FOGUETEIRO
    PEPE CARREIRO E ABRAHAM CARREIRO
    Un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións. ...
    En stock

    10,00 €9,50 €

  • FILLA DAS ONDAS -5%
    FILLA DAS ONDAS
    FINA CASLDERREY / XOSÉ COBAS
    Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura.  Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible o...
    En stock

    20,00 €19,00 €