0
OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS
-5%

OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS

MOISÉS QUINTAS / VICTORIA PÉREZ

35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
HERCULES DE EDICIONES, S.L.
Ano de edición:
2025
Materia
Divulgacion musica
ISBN:
978-84-19754-86-8
Páxinas:
296
Encadernación:
Cartoné
Colección:
VARIOS
Idioma:
Galego
35,00 €
33,25 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos

Artículos relacionados

  • TOCADORAS DO VAL DO DUBRA (INCLUE CD) -5%
    TOCADORAS DO VAL DO DUBRA (INCLUE CD)
    DAVID FONTÁN / LUCÍA SANTIAGO CARLOS REY
    É incrible como se conservou... A cantidade e a variedade que teñen é enorme, nunca atopei algo así.[...] Por iso, neste traballiño vou presentar as miñas vivencias cunhas mulleres e homes marabillosos, uqe me acolleron nas súas casas, alá polo 1983, como se fose fillo deles. Cantei, comín, bebín e durmín nas súas casas. Flora, Avelina, Julia... E no 1922, pola intercesión de J...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • TAIBO -5%
    TAIBO
    ALBERTO CANCELA MONTES
    No máis profundo daquela Compostela primaveral veu ao mundo Luís Taibo García (Santiago de Compostela, 1877 – México D.F., 1954) unha rara avis in terris e figura fundamental dentro da cultura musical galega. Profesionalmente dividiu asúa vida entre a música e a medicina, pero tamén entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente. No ámbito mu...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ (INCLUE CD) -5%
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ (INCLUE CD)
    NORBERTO PABLO CIRIO
    Pode un home transformarse en música? Este libro narra a vida de José Ramón Gonzalez Pérez (1913-2007), cubano-galego que emigrou desde Vilaquinte (Cervantes) a Bos Aires en 1949 coa súa compañeira, Dorinda, e coa súa primoxénita, Amelia. Durante os 58 anos e medio nos que viviu alí, fixo da arte da gaita un modo de existencia, até o punto de transmutar a súa corporeidade ao in...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • HERMINIO VILLAVERDE (INCLUE CD) -5%
    HERMINIO VILLAVERDE (INCLUE CD)
    JAVIER MARÍA LÓPEZ RODRÍGUEZ
    A paisaxe sonora das montañas orientais da Galiza non se pode entender sen a singular presenza da trompa ou birimbao, instrumento de grande difusión internacional, que conta con testemuños do seu uso ao longo da historia, dende as músicas tradicionais do afastado Oriente até concertos escritos ad hoc na música clásica europea.O magnetismo de Herminio Villaverde, como músico epe...
    En stock

    20,00 €19,00 €

  • FREMOSAS. CANTIGAS DE AMIGO E DE AMOR -5%
    FREMOSAS. CANTIGAS DE AMIGO E DE AMOR
    BARAHÚNDA(HELENA DE ALFONSO / JOSE LARA GRUÑEIRO)
    Este quinto traballo de Baraúnda pretende ser un artefacto musical, literario e divulgativo. Foi proxectado, na súa orixe, como un disco temático que reunise as cantigas que fomos creando a través dos anos, máis as que se compuxeron exclusivamente para esta, a nosa persoal colección de lírica medieval galego-portuguesa. ...
    En stock

    18,00 €17,10 €

  • PANDERETEIRAS DE MENS (INCLUE CD) -5%
    PANDERETEIRAS DE MENS (INCLUE CD)
    BEATRIZ BUSTO MIRAMONTES
    Decia Teresa da Canónigha , a máis nova das cinco tocadoras/cantadoras de Mens , que a ela o que lle levaba idea era o baile , pero todos a coñecemos por pandereteira . Este é un libro que fala da historia de vida e do repertorio das cinco mulleres bergantiñás que foron coñecidas no universo do folclores como Pandereteiras de Mens . ...
    En stock

    20,00 €19,00 €