Vou penetrar entre as trebas do pasado , a remexer no po das ruínas , a erguer , en fin , das súas esquecidas tumbas aos reis suevos de Galiza , en dándolles un sopro de vida , como un Deus , fareinos pasar ante os meus ollos como os reis da vella Escocia ante o tétrico Macbeth . A historia darame os seus nomes e os seus feitos ... A tradición , os dramas nos que se axitaron .... A intuición , as súas paixóns ....