Os náufragos do buque Glen Carrig vagan polo océano na procura da ansiada terra firme, pero cando avistan a costa, este non é o lugar prometido, senón un singular páramo inzado de misteriosos e terrores aos que se terán que enfrontar. Esta novela, do autor de "A casa no confín" é a máis alta expresión do chamado << terror mariño >>, no que o grande océano é o misterioso inimigo que garda segredos ancestrais de primixenia maldade.