- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Ilustrados infantil
- ISBN:
- 978-84-1343-102-4
- Páxinas:
- 52
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- TRAS OS MONTES
- Idioma:
- Galego
OH! (GAL)
Goffin, Josse
«Oh!» é un libro sen texto que os especialistas en Literatura Infantil
e Xuvenil consideran unha obra de referencia. Xoga cos dobres
sentidos, as adiviñas visuais e, como Magritte, ensínanos
que una pipa non sempre é unha pipa. As súas páxinas amosan
imaxes independentes -aínda que relacionadas entre si-
establecendo unha estrutura encadeada, polo que pode
converterse nun conto circular.
As súas páxinas son despregables, de xeito que a primeira
coa seguinte presenta unha ilustración; pero ao abrir
esta última, fórmase outra figura distinta. Xorde así un xogo
entre o que se ve e o que se agocha, o que parece algo
pero transfórmase noutra cousa diferente...