- Editorial:
- CATRO VENTOS EDITORA
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-127425-6-5
- Páxinas:
- 53
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Colección:
- ECOLOXIA-CONSUMO RESPONSABLE
- Idioma:
- Galego
O SENTIDO DO ABRAIO (2ªED)
A celebración da natureza para persoas de todas as idades
RACHEL CARSON
A celebración da natureza para persoas de todas as idades.
Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).
Na publicación orixinal na revista Womens Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.
Libro de de encadernación coidada con textos, fotos e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.