Mircea Cartarescu condensa neste relato febril a historia dun home que converte a ruleta rusa nun espectáculo público e hipnótico. Unha parábola escura e poética sobre a fama, a morte e a necesidade desesperada de transcendencia, escrita coa materia prima da boa literatura. Unha viaxe alucinada á Bucarest do tempo de Ceau?escu.
As ilustracións de Ramón Trigo converten o universo d'O ruletista nunha viaxe onírica que esgaza o máis íntimo da condición humana.