- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Narrativa
- ISBN:
- 978-84-15699-93-4
- Páxinas:
- 189
- Encadernación:
- Tapa blanda
- Idioma:
- Galego
O ESCULTOR DE GARGOLAS E OUTRAS HISTORIAS DE AVEROIGNE
CLARK ASHTON SMITH
Averoigne é a típica provincia francesa medieval: Ten grandes fragas sombrizas, unha catedral gótica na que sobracean as gárgolas, mosteiros benedictinos agochados en lugares inaccesíbeis e, por riba de todo, moitas lendas e historias a medio contar. Clark Ashton Smith aproveita este pintoresco pano de fondo para desenvolver unha serie de relatos fabulosos, que mesturan elementos do conto exemplar, a narrativa de terror truculento e o xénero pulp. Polas súas páxinas desfilan feiticeiras e feiticeiros, súcubos e íncubus, cadáveres animados e bispos nigromantes, todo un bestiario medieval co seu catálogo inesgotábel de paixóns, virtudes e vicios, que ao mesmo tempo se artella nunha armazón perfectamente equilibrada entre o sobrenatural e o puramente terreal.