Este libro describe o periplo de 45 días realizado polo autor dende Recife a Río de Xaneiro pasando por Salvador de Baía, Belo Horizonte e Sao Paulo.
As súas peripecias e encontros fornecen este texto cheo de curiosidades e reflexións, onde a corrupción política e a violencia cotiá conviven coa exuberancia das  paisaxes tropicais, a riqueza artística das vilas declaradas Patrimonio da Humanidade e a sensualidade dun litoral ateigado de recantos coloniais como Olinda, Porto de Santos, Paraty e llhabela.
 
 
						 
					 
                                                            
                                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                             
                        
            
                            